Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non contou co apoio da maioría do pleno da Deputación

Nota de prensa:

A voceira do PP na Deputación lucense insta ao organismo provincial a que deixe de facer demagoxia con estos temas

O PP de Lugo critica ao goberno da Deputación por votar en contra de que se poidan desenvolver traballos tradicionais en terreos da Rede Natura

.A voceira popular asegura que a Deputación utiliza ao medio rural para facer política

.Para o PP é unha incoherencia que o goberno bipartito sexa quen plantexe unha iniciativa onde logo cambia o sentido do voto.

. Lugo, 28 de febreiro de 2012.- A voceira do PP na Deputación, Elena Candia, critica ao goberno bipartito do ente provincial por votar en contra da moción presentada polo seu partido, no pleno de hoxe, relativa a ampliación da Rede Natura.

Para Elena Candia, que PSOE e BNG votasen en contra de desenvolver traballos tradicionais, tales coma a agricultura ou gandeiría, nos terreos da Rede Natura, mostra a súa pasividade e falta de implicación co medio rural.

“Para o único que lle interesa o medio rural ao goberno provincial, e sobre todo ao seu Presidente, é para facer política e para a proxección da súa imaxe, non para outra cuestión”-afirma Elena Candia, quen insta a deputación a que deixe de unha vez por todas de facer demagoxia con estes temas.

A voceira popular na Deputación lembra que a moción se levou a cabo para clarificar e insistir que neses terreos de ampliación de Rede Natura se leven a cabo os usos para seguir así cos traballos agrícolas e gandeiros.

Elena Candia critica tamén que xustamente é o goberno bipartito quen plantexa unha iniciativa onde logo muda ou cambia o sentido do voto.

Exit mobile version