Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Rural fai repoboación forestal e tratamentos silvícolas no Vicedo, Viveiro, O Valadouro e Ribadeo

Nota de prensa

O DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE MEDIO RURAL E MAR TEN EN MARCHA DOUS PROXECTOS PARA RECUPERACIÓN FORESTAL NOS CONCELLOS DO VICEDO, VIVEIRO O VALADOURO E RIBADEO

Os traballos, que está previsto que conclúan na primavera, contan cun investimento de 95.354 euros e abranguen a un espazo de 54,45 hectáreas

Lugo, 20 de febreiro de 2012.- O departamento territorial de Medio Rural e do Mar da Delegación Territorial de Lugo ultima o remate das obras de repoboación forestal e tratamentos silvícolas que durante os últimos meses promoveu en catro concellos da Mariña. Estes traballos, que engloban a un total de tres proxectos, supuxeron un investimento total de preto de 100.000.

En concreto, o Executivo galego investiu 95.354 euros nestes traballos, que afectaron a un espazo total de 54,45 hectáreas de espazos forestais dos concellos do Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Ribadeo.

Estas actuacións forman parte dun programa de ordenación de explotacións forestais co que se pretende, segundo indicou a delegada territorial, Raquel Arias, “crear riqueza, non só incrementando a calidade e o valor da madeira que se produce, senón tamén porque se activa o mantemento de postos de traballo a través de distintas empresas vencelladas a Lugo e, deste xeito, contribúen a fixar poboación no medio rural”.

A delegada destacou tamén “o valor medioambiental destas actuacións, que englobaron a preto de 55 hectáreas de monte, contribuíndo a crear riqueza a través do patrimonio forestal”.

A maioría destes traballos véñense desenvolvendo dende o pasado ano, coincidindo coa conclusión do outono, xa que os traballos de repoboación, por motivos de crecemento da planta deben realizarse preferentemente no outono ou na primavera, para cando está previsto que rematen as obras aínda en curso. Estas repoboacións realizáronse fundamentalmente con piñeiros, aínda que tamén se empregaron eucaliptos e bidueiros.

Exit mobile version