MONDOÑEDO, QUE PASOU???
Si falamos de Mondoñedo, a cousa convertese en algo si cabe mais complicado. Isto é así por que dáse o paradoxo de que perdemos poboación rapidamente, en cambio a calidade de vida aumenta .
Non se necesita moita intelixencia pa explicalo aínda que deixando no aire , seguro que se consegue un pouco de reflexión que non nos vira nada mal.
Agora que todos somos sensibles ao peche das nosas empresas mais significativas, agora que nos damos conta que a nosa economía local era demasiado fráxil, agora que temos xa asumido que o noso concello funciona por encima das súas posibilidades, é cando nos entra a inquietude e si cabe o pánico.
Pero alguén non se daba conta que a economía dun concello ten que estar baseada na sostenibilidade e fundamentada nos recursos propios??
Alguén dos meus conveciños pensou acaso que o capital estaría disposto a sentir a mais mínima sensibilidade ante estes acontecementos??
Ser ilusos non e un defecto si non síntoma de boas persoas; de persoas que pola súa cultura e incluso por a forma apacible de vivir deixaron de crear, deixaron de investir, en suma deixaron de emprender.
Agora toca arrebato e todos nos poñemos as pilas, pero non somos capaces de ver que hai que cambiar o modelo económico da nosa vila.
Debemos ser conscientes de onde estamos , que e a quen lle queremos vender, e en términos médicos, ser consciente da enfermidade e o primeiro paso para intentar curala.
Por iso, antes de plantear ideas debemos mirar ao noso entorno, abrir os ollos e ver o que temos diante. Poder analizar as súas vantaxes e desvantaxes e sobre todo valorar o seu potencial.
Négome a crer que no noso pobo non haxa emprendedores, nin que as súas ideas non sexan as mellores. Simplemente creo que nos falta ese empuxón e ese coraxe que da ver o perigo tan de cerca.
Non e malo levantarse e caer, o malo e estar sempre arrodillado.
Por iso animo a os veciños e veciñas da nosa querida cidade a que poñan todo o seu esforzo en conseguir que o noso concello recupere, ou como mínimo manteña, ese nivel económico que antes tiña e que sexamos capaces entre todos de poñer en valor os recursos dos que dispoñemos.
Hai oportunidades, hai negocio, hai ilusión, hai esforzo. Con eses bimbes faremos o cesto.
Animo a todos!
Jorge Losada Comendeiro