Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros subliña a importancia de aprobar os orzamentos de 2012 no mes de febreiro

Nota de prensa

ALFONSO FUENTE SUBLIÑOU A IMPORTANCIA DE APROBAR OS ORZAMENTOS DE 2012 NO MES DE FEBREIRO. O ALCALDE ASEGUROU QUE ESTES PRESUPOSTOS GARANTEN OS SERVIZOS QUE SE PRESTAN AOS VECIÑOS.

Barreiros, 15 de febreiro de 2012. O alcalde, Alfonso Fuente, subliñou a importancia de aprobar os orzamentos de 2012 no mes de febreiro, algo ao que se tiña comprometido o equipo de goberno. O rexedor dixo que as contas e as liquidacións do Concello están ao día e asegurou que os presupostos deste ano garanten os servizos que se prestan aos veciños.

Fuente Parga explicou que “o que hai que destacar do pleno do luns é a aprobación dos presupostos de 2012 na data na que estamos, no mes de febreiro. Hai moitos Concellos que aínda non aprobaron os orzamentos de 2011 e nós fixemos o traballo tal e como prometemos desde o equipo de goberno de ir cambiando esa tendencia de aprobar os presupostos ao final do ano en curso”.

O alcalde barreirense subliñou que “a día de hoxe o Concello de Barreiros ten presentadas todas as contas e liquidacións que tiña que presentar. Anteriormente iban con retraso e hoxe todo está ao día. A liquidación do exercizo de 2011 xa se lles facilitou aos partidos da oposición, algo que é moi importante”.

Alfonso Fuente indicou que “con estes presupostos aprobados o pasado luns se garanten todos os servizos sociais que se prestan aos veciños”. O rexedor lembrou que “se fixo un axuste das taxas e prezos públicos nunha sesión plenaria celebrada en novembro, xa que levaban 20 anos sen modificarse co obxectivo de garantir a prestación deses servizos aos veciños”.

O alcalde de Barreiros aludiu ás críticas realizadas nas últimas horas polos partidos da oposición, “o único que fan é opoñerse a todo e non colaborar nunha situación que é difícil para as familias e tamén para as administracións”.

Exit mobile version