Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela agarda que en abril ou maio se definida a colaboración de Expomar e Feiras e Exposicións de Lugo

Nota de prensa

GONZÁLEZ BARCIA AGARDA QUE EN ABRIL OU MAIO ESTEAN DEFINIDAS AS LIÑAS DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO, A FUNDACIÓN EXPOMAR E A FUNDACIÓN FEIRAS E EXPOSICIÓNS DE LUGO. O REXEDOR CONSIDERA QUE “HAI QUE SER PRUDENTES” DEBIDO Á SITUACIÓN ECONÓMICA ACTUAL.

Burela, 16 de febreiro de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, agarda que en abril ou maio estean definidas as liñas de colaboración entre a Fundación Expomar e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo. Ao encontro celebrado esta mañá no Concello asistiron o director xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López; a xerente da Fundación Expomar, Catalina Sánchez; e o seu presidente e tamén alcalde de Burela, José Mª González Barcia.

O rexedor dixo que “a finalidade é buscar puntos de contacto entre as dúas Fundacións, que prácticamente son as únicas que hai na provincia de Lugo adicadas á organización de feiras e exposicións”.

González Barcia explicou que “nesta primeira xuntanza houbo unha exposición das posturas tanto dunha Fundación como da outra. Hai un obxectivo común que é o de organizar eventos deste tipo. Nós entendemos, por exemplo, que a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo podería organizar aquí en Burela, en colaboración coa Fundación Expomar, algunha feira vinculada con estocaje ou con antigüidade. E nós poderíamos estar presentes nos distintos eventos feirais que organicen eles en Lugo a través dun stand onde podemos promocionar a feira Expomar, Produart e tamén Burela”. E engadiu que “incluso nos estamos plantexando a posibilidade de que na feira de San Froilán puidese haber unha representación directa de Produart, o evento que se fai en Burela na primeira fin de semana en agosto”.

O alcalde burelés considera que “éstes son os primeiros contactos, hai que tomar esto con moitísima prudencia porque a situación económica que estamos a vivir é como é e tanto a Fundación de Lugo como a de Burela non estamos a atravesar polos nosos mellores momentos económicos e haberá que facer as valoracións pertinentes en canto a posibles custes, posibles retornos económicos, etc…”. González Barcia adiantou que “haberá unha próxima xuntanza en Lugo para achegar máis as posturas. Entendo que todo vai por bó camiño, pero insisto en que hai que ser prudentes porque non podemos dar paos de cego. Hai un tema que é certo a nós interésanos moitísimo esta colaboración, sempre e cando non supoña un esforzo económico adicional por parte da Fundación Expomar”.

O rexedor de Burela indicou que “todos somos conscientes de que para algúns Lugo acaba en Mondoñedo e non é así. Nós entendemos que A Mariña pode aportar moitísimo e Burela pode aportar tamén moito. Espero e que confío que aló por semana santa ou no mes de maio poida haber xa resultados concretos”.

Exit mobile version