Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pide a urxente reunión da xunta local de seguridade tras os roubos perpetrados

Nota de prensa

SUÁREZ BARCIA SOLICITA A CELEBRACIÓN URXENTE DUNHA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE TRAS OS ROUBOS PERPETRADOS HAI UN PAR DE NOITES EN VARIOS LOCAIS DE HOSTALERÍA DA VILA. O REXEDOR INSISTE EN QUE RIBADEO É UN SITIO TRANQUILO PARA VIVIR, PERO CONSIDERA QUE ESTES ACTOS ESTÁN EMPEZANDO A SER HABITUAIS NOS ÚLTIMOS TEMPOS.

Ribadeo, 14 de febreiro de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, solicita a celebración urxente dunha xunta local de seguridade tras os roubos perpetrados en varios locais de hostalería hai un par de noites. O rexedor insiste en que Ribadeo é un sitio tranquilo para vivir, pero asegura que estes actos están empezando a ser habituais nos últimos tempos.

Suárez Barcia dixo que “con esta desagradable circunstancia en Ribadeo, a pesares de que segue a ser un sitio tranquilo e que seguirá a ser, estou certamente preocupado por estes picos de delincuencia que se están a producir nestes últimos anos. Boa proba delo son os roubos cometidos hai dúas noites en varios locais”.

O alcalde cre que “debemos seguir mantendo a coordinación coas forzas de orde público, ben sexa a Garda Civil, ben sexa a Policía Local. Debemos ter unha nova xunta local de seguridade aproveitando que temos un novo subdelegado do Goberno en Lugo. Xa me puxen en contacto esta mañá con él para demandarlle coa maior urxencia, si é posible nestes vindeiros días, ter unha nova xunta local de seguridade aquí en Ribadeo para abordar unha maior coordinación e unha maior presenza de efectivos para evitar este tipo de actos”.

O rexedor considera que “se trata dunha situación excepcional, aínda que hai que recoñecer que nos últimos tempos está empezando a ser habitual. Quero e faremos o posible para que Ribadeo siga a ser o que foi, un sitio tranquilo e agradable para vivir e para estar”.

Exit mobile version