Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG di que o primeiro tenente de alcalde de Cervo incumpre as súas obrigas, que só acudiu a 10 de 26 xuntas de goberno no 2011

Nota de prensa
O BNG denuncia o incumprimento das súas obrigas no concello do 1º Tte. de Alcalde de Cervo, José Manuel Balseiro.

Balseiro so acudiu a 10 das 26 xuntas de goberno local celebradas no concello durante o ano 2011.

Si non pode atender as súas obrigas no concello por acumulación de cargos que o deixe

Cervo, 10 de febreiro de 2011. O BNG denunciou que a acumulación de cargos dos que é responsábel o 1º Tte. de Alcalde, José Manuel Balseiro, tiveron como consecuencia que no ano 2011 so acudira a 10 das 26 Xuntas de Goberno celebradas. Os nacionalistas explicaron que Balseiro neste momento non é responsábel de ningunha delegación no goberno local e no único organismo do que forma parte no organigrama municipal que son as Xuntas de Goberno son excepcións as súas presenzas. Dende a constitución da actual Xunta de Goberno despois da constitución da nova corporación saída das eleccións municipais Balseiro so acudiu a 7 das 21 reunións celebradas por este órgano executivo segundo se constata nas actas das sesións. O BNG instou a Balseiro que cumpra coas súas obrigas municipais e no caso de non poder facelo que o deixe.

10 de 26 no 2011 e 7 de 21 asistencias á Xunta de Goberno Local dende a constitución do actual goberno municipal.

O BNG constatou nas actas das Xuntas de Goberno Local que as faltas de asistencia do 1º Tte. de Alcalde ao único órgano do goberno local do que forma parte na actualidade son masivas, especialmente dende a constitución da corporación saída das pasadas eleccións locais. O Sr. Balseiro faltou a 7 das 21 sesións deste organismo dende xullo a decembro e so acudiu a 10 das 26 sesións celebradas durante o 2011. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, “acusou ao Balseiro de absentista e de estar mais ocupado noutras cousas que no cargo para o que foi elixido pola veciñanza do seu concello”. “O Sr. Balseiro na actualidade non é responsábel de ningunha delegación no goberno local e no único cargo co que conta nin está nin se lle espera”, lamentou o portavoz nacionalista.

Balseiro acumula demasiados cargos representativos, si non pode atendelos que deixe aquel no que demostra menos interese.

O Sr. Balseiro acumula os cargos de parlamentario, portavoz de pesca do PP no Parlamento galego, secretario desta cámara, secretario provincial do PP e membro do goberno municipal de Cervo e da súa xunta de goberno, “ao BNG interésalle pouco que fai Balseiro noutras funcións, o que si nos importa é a súa función no goberno local que, polo que constatamos, incumpre reiteradamente”, puntualizou Estúa.

Diante da evidencia das reiteradas ausencias, os nacionalistas instan a Balseiro a decidirse sobre as súas funcións no actual goberno municipal, non ten sentido que forme parte dun órgano executivo no que non exerce. Neste sentido instaron ao parlamentario do PP e portavoz de pesca do mesmo grupo, secretario da Cámara Galega, Secretario Provincial do PP, Presidente da A.C. Anxuela de San Cibrao e membro da Xunta de Goberno Local de Cervo a que decida onde está e onde exerce as súas funcións ou deixe aquilo no que demostra menos interese.

Exit mobile version