Nota de prensa
O BNG DO VAL DO OURO COMEZA A CAMPAÑA UN SÓ VAL, UN SÓ CONCELLO
Tras os importantes pasos que se deron en ambos concellos do Val, no Valadouro aprobando por maioría iniciar os trámites para o proceso de fusión, e en Alfoz aprobamos por unanimidade solicitarlle a Xunta e Diputación un estudio sobre a viabilidade da unificación dos concellos do Val, algo que dende o Bng cremos que lles levará moi pouco tempo, xa que dende a xunta si están promovendo as fusións será porque xa teñen algún realizado, imaxinamos que non serán tan incompetentes como para facer o contrario.
Con está campaña pretendemos involucrar a todos os veciños do Val, e facelos partícipes deste proxecto que debe de ser por e para todos.