Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro Alba Vila coida da nutrición da xogadora Milena do Burela FS Pescados Rubén

Nota de prensa

O CENTRO ALBA VILA COIDA DA NUTRICIÓN DE MILENA

A xogadora do Burela FS Pesados Rubén Milena Gasparini visitou o centro de dietética burelao Alba Vila hai uns días como coidado da súa nutrición. A brasileira tamén se someteu a semana pasada á avaliación médica na clínica Virxe da Mariña, para control e exame da súa preparación física.

Como parte da planificación de preparación e rendemento deportivo, a saúde dos xogadores e xogadoras CD Burela FS está baixo a supervisión da mariñá Alba Vila, que dende comezos de tempada adoutrina e aconsella os equipos sénior sobre hábitos saudables. Co conxunto feminino da Primeira División, a especialista en dietética e nutrición realiza un seguimento mensual con avaliación das dietas personalizadas.

Exit mobile version