Nota de prensa
de 2012 para todos os ciclistas con licencia federativa, ou tramitando a
licencia dun día, con saída ás 9.30 horas desde o pavillón polideportivo de
Marzán.
A marcha será de velocidade libre, dispoñendo a organización dunha moto
para a apertura de carreira, asi como vehículos de apoio e xente do club nos
cruces complicados. Tamén se dispoñerá de coche escoba.
Haberá servizo de limpeza de bicicletas na Estación de Servicio Foz, fronte
ao pavillón.
Teremos a colaboración da Policía Local e Protección Civil de Foz.
Será obrigatorio o uso de casco.
A cuota de inscrición será 15 euros para os ciclistas con licenza federativa
en vigor, e de 23 euros para os ciclistas sen licenza.
Os acompañantes deberán pagar 10 euros se van á comida.
A inscrición dá dereito a avituallamentos, camiseta recordo da marcha e unha
comida final.
Na Edición deste ano a Ruta percorrerá nun total de 38km, zonas do Bispo
Santo, o río Ouro, en Fazouro, e litoral das praias de Foz. Tendo como
novidade tramos novos de baixadas por sendeiros tortuosos.
A organización quere dar as grazas aos colaboradores que prestan axuda para
poder realizar este evento: Distribuciones Carreiras, Frutas Morriña,
Estación de Servicio Foz, Fundación Alcoa, Protección Civil e Policía Local
de Foz, así como á Delegación de Deportes do Concello de Foz.