Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité local do PP de Burela di que lle sorprenden os coñecementos sobre pesca do portavoz socialista

Nota de prensa
CUOTAS DE PESCA: CORTAR E PEGAR?

Hai uns días publicouse nos medios de comunicación un artigo asinado polo portavoz socialista en Burela, D. Alfredo Llano, referente ás cuotas de pesca, a súa posible reformulación, a pertinencia ou non dunha moción presentada polo Grupo Popular con carácter de urxencia no concello burelés e sobre o sentido do voto socialista.
En primeiro lugar, queremos decir que respectamos a liberdade de expresión de calquera persona ou colectivo, pero resulta sorprendente o plantexamento do Sr. Llano así como os seus coñecementos sobre o asunto.
O pleno no que se tratou a moción do PP celebrouse o pasado día 26 de xaneiro. É certo, o PP presentou a moción con carácter de urxencia, algo lexítimo. O Sr. Llano argumentou que se ía abster porque non coñecía ben o asunto e a moción fora presentada con urxencia. Decimos que resulta sorprendente porque ós poucos días publica o indicado artículo con todo luxo de detalles sobre a reformulación das cuotas pesqueiras. O que quere decir que o Sr. Llano, en poucos días, púxose ó día sobre o asunto. Ou pode ser que use correctamente o procesador de textos e saiba surfear por internet á perfección… Cortar e pegar é unha táctica e unha técnica que usa moita xente, pero neste caso canta moito. Resulta sospeitosa a celeridade na aprendizaxe neste asunto do Sr. Llano, unha celeridade que non tén demostrada outras veces, co que só nos cabe a conclusión de que para sair do paso… cortou e pegou… pero polo menos supoñemos que algo se lle quedaría.
Porque de ter semellantes coñecementos o día do pleno, estamos seguros que a súa postura non sería a abstención (respetable, en todo caso). E esta é outra cuestión: resulta tamén chocante como o PSOE vota dun xeito en Burela e de outro na Deputación, o que demostra a incoherencia socialista e o vacío do discurso do portavoz socialista na Deputación, o alcalde de Becerreá Sr. Martínez… Non se pode mezclar asuntos tan dispares como marisqueo, acuicultura, baixura, etc., coas cuotas da Comunidade Europea, Sr. Llano, eso foi o que fixo o PSOE na Deputación para xustificar o seu voto en contra a unha demanda do sector pesqueiro que é un clamor. E coa súa postura quedaron retratados, non o esquezan.
Por certo, se o Sr. Llano lle tivese pasado a tempo a ampla información que el posúe sobre o asunto, seguro que o Sr. Martínez tería estado bastante máis brillante do que estivo, porque o pleno da Deputación foi o pasado 31 de xaneiro, días antes da publicación do artículo de referencia.
Finalmente, resulta curiosa as continuas referencias que fai vostede ó alcalde, esquecendo a manipulación do sector que vostede tentou facer coa praza do Concello. Pensa o ladrón….
En definitiva, que coas cousas de comer non se xoga, e non se pode vir días despois facendo alarde de coñecementos sobre un tema tan complexo e tan importante para o sector. Cabe só unha posibilidade, caer no ridículo e na incoherencia. Ás veces, é millor esquecerse de cortar, copiar e pegar, e quedarse calado.
Comité Local do Partido Popular de Burela.

Exit mobile version