Nota de prensa
A XXI Festa do Ourizo de San Ciprián celebrarase o 10 de marzo
-A edil de Turismo reuniuse cos representantes dos hostaleiros e da confraría de pescadores para avanzar nos preparativos
-Unha cita gastronómica que foi declarada de Interese Turístico Galego no 2008
-En breve o Concello dará a coñecer todos os detalles desta festividade
Cabe destacar que, ao igual que en anteriores edicións, todo o ourizo que se consumirá durante este día de festa provirá única e exclusivamente das augas da Mariña, “con el objetivo de probar el auténtico sabor del erizo autóctono y de potenciar la economía de la zona” explica a edil de Turismo.
Unha cita gastronómica que se converteu nun referente na Mariña lucense e en toda Galicia, xa que se trata dunha festividade declarada de Interese Turístico Galego no ano 2008. De feito, trátase da festa gastronómica máis tradicional da vila e a única deste tipo que conta con esta distinción que outorga a Xunta. Con ela “pretendemos promocionar el pueblo de San Ciprián, fomentar el consumo de este equinodermo, ponerlo en valor y al mismo tiempo promover la pesca sostenible de un producto que debe seguir formando parte de nuestra gastronomía”, asegura Alonso.
Ademais da Festa do Ourizo existen outras celebracións no municipio que contan con esta distinción, como son a da Maruxaina, tamén na vila de San Ciprián, e a da Queimada, en Cervo. “Unas fiestas que se han convertido en un reclamo y en una forma más de atraer a los visitantes en un ayuntamiento como el nuestro, en el que el turismo es un sector muy relevante” explica a concelleira.