Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Viveiro organiza un curso de “Monitores de tempo libre” para mozos e mozas

NOTA DE PRENSA

“A Área de Obras, Cultura e Turismo do Concello de Viveiro, organiza a través da Concellería de Mocidade e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, un curso de “MONITORES DE TEMPO LIBRE” dirixido a mozas e mozos”

O curso, homologado pola Xunta de Galicia, terá unha duración de 350 horas, 200 horas teóricas e 150 horas prácticas, impartirase nas instalacións do Concello de Viveiro, os sábados e domingos a partir do 17 de marzo de 2012, está subvencionado e terá un coste de 70 euros por alumno.

Para o ano 2012, contará con 25 prazas. Para anotarse no curso, será preciso acudir a Oficina Municipal de Información Xuvenil en horario de 9 a 14 horas, ou en horario ininterrupido a través das redes sociais Facebook e Tuenti, nos perfís propios da Oficina. A data límite será o xoves 8 de marzo ás 14 horas.

O nacionalista, Bernardo Fraga, responsable da área de Obras, Cultura e Turismo, declarou no día de hoxe “O curso vai dirixido a xente nova, e ten por obxetivo mellorar a formación das mozas e mozos de Viveiro que así o desexen en materia de Tempo Libre” e engadiu “nestes momentos de crise económica onde a mocidade é a gran perxudicada, con elevadísimos índices de paro xuvenil, a administración debe traballar e facer un esforzo dentro das súas posibilidades na formación da mocidade, mellorando así as súas expectativas laborais no futuro. Ese é o obxeto de impartir este curso en Viveiro, moi demandado pola mocidade local. Atendendo a esa demanda a Concellería de Mocidade pono a disposición das mozas e mozos do noso Concello”

Exit mobile version