Nota de prensa
O CONSELLO DA XUNTA APROBA O PLAN DE EMERXENCIA EXTERIOR DO DEPÓSITO DE LODOS VERMELLOS DE ALCOA
O deposito esta formado por dous diques de materiais soltos, e o vaso de lodos. É un deposito mineiro notablemente instrumentado e non existe ningunha presa nin dique augas arriba. O dique principal está formado por un núcleo principal de sábrego construído en sucesivos recrementos ata a cota máxima prevista de 100 metros. O dique de cola é un dique drenante formado por un corpo de sábrego e un tacón de escolleira para garantir a estabilidade ao esvaramento deses diques
O Plan de Emerxencia Exterior de lodos vermellos contén o obxecto e o ámbito do Plan, o contorno das instalacións, as bases e criterios de planificación, a definición e planificación das medidas de protección, a estrutura e organización dos grupos que actuarán no caso de emerxencia, a operatividade do Plan en que se definen os distintos escenarios da emerxencia, conexión con outros Plans, e implantación e mantemento do plan de emerxencia.
A fábrica de Alcoa en Xove está afectada polo RD 975/2009, do 12 de xuño sobre xestión de residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, que establece a obrigatoriedade de dispor dun plan de emerxencia exterior naquelas instalacións de residuos mineiros que estean clasificadas como A.
Os plans de emerxencia exterior son elaborados pola Xunta de Galicia e teñen como obxectivo determinar os posibles riscos destas instalacións industriais e ter preparada a resposta adecuada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente. Unha vez sometidos ao informe da Comisión Galega de Protección Civil, son homologados pola Comisión Nacional de Protección Civil, e aprobados, como é o caso deste Plan de Emerxencia Exterior do depósito de lodos vermellos, polo Consello da Xunta de Galicia.
OUTRAS NOVAS DE INTERESE:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
Proxecto de Lei de montes de Galicia
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Acordo polo que se autoriza a adquisición de compromisos de gasto de carácter plurianual derivados da Resolución pola que se convocan para o ano 2012 as axudasperiódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Informe polo que se dá conta ao Consello da Xunta do proxecto de orde pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, u niversidades eentidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2012.
Informe polo que se dá conta ao Consello da Xunta de Galicia do proxecto de orde pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á convocatoria para o ano 2012.