Nota de prensa
ESTA SEMANA DERON COMEZO AS OBRAS DA NOVA DISTRIBUCIÓN DA ZONA DE ASEOS E VESTIARIOS DA PRAIA DE O TORNO (SAN CIPRIÁN).
• O NOVO GOBERNO DO ESTADO DESBLOQUEA ESTA VELLA PETICIÓN DO CONCELLO DE CERVO
• CON ESTA NOVA DISTRIBUCIÓN BÚSCASE FACILITAR O ACCESO ÁS PERSOAS CON DIFICULTADES DE MOBILIDADE.
O Concello de Cervo, durante estes últimos anos, solicitou en reiteradas ocasións ao anterior goberno do estado a execución destas obras, pero non amosaron ningún tipo de sensibilidade e houbo que esperar a este novo goberno central para conseguir desbloquear este petición. A día de hoxe xa podemos ver como se están levando a cabo as obras, e o máis importante, que cando chegue o verán, todas as persoas que así o desexen poderán facer uso destas instalacións, e sobre todo que van poder ser utilizadas por persoas con dificultades de mobilidade.