Site icon Crónica3.com A Mariña

Os balances económicos de 2010 son positivos a pesar da situación actual, explica o goberno de Cervo

Nota de prensa

O goberno Cervo pídelle ao asesor do BNG na Deputación que aprenda a interpretar os datos económicos

-A edil de Facenda manifestouse sorprendida por descubrir que o asesor do BNG na Deputación non leu correctamente os resultados económicos do Concello

-O executivo cervense explica que todos os balances económicos de 2010 son positivos a pesar da situación económica actual

Cervo, 25 de febreiro de 2012-O goberno local de Cervo respondeu hoxe ás críticas de Xoán Antón Estúa sobre a xestión económica do Concello. A edil de Facenda, Tania González, asegura que o estado de saúde da facenda local é público e coñecido por todos, e polo tanto, “non hai lugar á polémica”. A edil explica que o tanto o resultado orzamentario como a conta xeral de 2010 teñen signo positivo, “e están avalados polos correspondentes informes de Intervención”.

Por iso, engade a responsable de Facenda, “quedamos sumamente sorprendidos polas palabras do asesor do BNG na Deputación xa que, como tal asesor, presupóñenselle amplos coñecementos sobre as distintas administracións”. A edil explica que “os números nunca menten, e por iso a realidade económica do concello é indiscutible. A cuestión é saber interpretalos para non dar informacións erróneas”.

De todos os xeitos, o executivo cervense lembra que non se pode obviar a crise mundial, “pero que no Estado español é aínda máis crítica grazas a 8 anos de goberno socialista”. E os nacionalistas, “aos que asesora na Deputación o señor Estúa, tamén contribuíron a empeorar a situación aprobando os últimos orzamentos de Zapatero”. A pesar de todo, di González, “en Cervo mantemos unha boa xestión económica que nos permite seguir dispoñendo de recursos para mellorar o concello”.

A edil cervense remata explicando que Xosé Antón Estúa “cobra puntualmente o seu soldo como asesor do BNG na Deputación”, mentres hai asociacións que reciben axudas da administración provincial “que pasan meses e incluso anos agardando polos cartos que lles correspondente por ditas subvencións”.

Exit mobile version