Nota de prensa
Actividades do día da Paz no IES Perdouro de Burela.
Tamén exibiuse o Cadro do Guernica, réplica realizado polos alumnos de Mecanizado : A elaboración do Guernica gravado en control numérico foi un dos traballos realizados polo grupo de 2º de Mecanizado neste curso.
O proceso é bastante laborioso, xa que primeiro tivemos que facer a partir dunha imaxe do Guernica baixada de internet o debuxo en autocad e despois de ter o debuxo preparado coas medidas que nos queriamos (2280mm por 1140mm), tivemos que facer un puzzle coas mesmas medidas que o cadro cun tamaño de peza que nos servira para as dimensións da nosa fresadora de control numérico cun total de 98 pezas, estas pezas foron cortadas mediante a técnica de corte por auga, e logo mecanizamos en control numérico o debuxo que lle correspondia a cada peza, unha vez feitas todas as pezas foron pegadas nun taboeiro e logo fixemos un marco de aceiro inoxidable, que previamente foi feito cun proceso de conformado en máquina plegadora. En resumo: este proxecto foi feito integramente mediante procesos de mecanizado ;deseño en autocad, corte por auga a presíon, elaboración e simulación dos programas de control numérico con programas especificos (Win unisoft, e Win DNC), mecanizado con fresadora CNC, conformado do marco con cizalla, maquina plegadora e serra, axustes finais con ferramentas manuais (lima, martelo, trade e amoladora).