Site icon Crónica3.com A Mariña

O líder agarda as pupilas de Pardeiro en Móstoles

Nota de prensa:
O LÍDER AGARDA AS PUPILAS DE PARDEIRO EN MÓSTOLES

O Burela FS Pescados Rubén abrirá mañá a segunda volta da Primeira División cunha durísima proba para conservar a sétima praza (26 puntos). O líder agarda as pupilas de Javier Pardeiro en Móstoles (36 puntos); a décimo sexta xornada dará comezo ás 18.30 horas, no pavillón Villafontana.

O conxunto mostoleño, que accedeu a semana pasada ao cumio da táboa compartido co Atlético de Madrid Navalcarnero, preséntase implacable: Un cadro que desborda internacionalidades, pleno de puntos como local e tan só 9 puntos perdidos a domicilio, características que “infunden respecto, pero non apoucan”, segundo o técnico laranxa.

“O Móstoles está nun momento moi bo; diso xa deixou constancia no 7-1 co que desbancou o Cajasur Córdoba do liderado a semana pasada. Pero nós tamén estamos nunha boa dinámica” explicou o adestrador burelista, que incidiu na intención de conseguir o triunfo: “Somos conscientes de que deberemos facer un partido case perfecto para sacar algo positivo desa pista”

Segundo a información facilitada polo Móstoles FSF na súa web, “Andrés Sanz non puido contar con todas as xogadoras do primeiro cadro no último adestramento; Patri Chamorro segue de baixa, Eva Manguán adestrou baixo a mirada do preparador físico e Inma estivo nas mans do fisoterapeuta”.

En Vista Alegre os tres primeiros puntos da tempada foron paras as madrileñas (0-3).

Exit mobile version