Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento aprobou instar á Xunta que se denomine ao novo complexo como Hospital Metropolitano de Vigo Álvaro Cunqueiro

Nota de prensa

O Parlamento aprobou instar á Xunta que se denomine ao novo complexo como Hospital Metropolitano de Vigo Álvaro Cunqueiro

O PP mindoniense lamenta a abstención do BNG e do PSOE na proposta parlamentaria de que o hospital metropolitano de Vigo leve o nome de Álvaro Cunqueiro

A iniciativa, presentada polo PPdeG, saiu adiante coa votación a favor do Grupo Popular

Os grupos da oposición unha vez máis esquecéronse da proxección que a aprobación desta iniciativa podería supoñer no exterior

Mondoñedo, 15 de febreiro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo lamenta a abstención do BNG e do PSOE en relación a Proposición non lei do PPdeG na que se insta á Xunta de Galicia a propoñer que o novo hospital que se está a constituír leve o nome de Hospital Metropolitano de Vigo Álvaro Cunqueiro.

Dende o Grupo Popular mindoniense non entenden as razóns polas que os grupos da oposición se abstiveron a que o novo complexo de Vigo leve o nome dun dos principais escritores galegos do século XX, que mais contribuíu a difundir tanto o nome de Mondoñedo como o de Vigo.

Segundo o Partido Popular de Mondoñedo, Álvaro Cunqueiro é unhas das figuras nadas na localidade con máis repercusión e recoñecemento. Así, os populares aseguran que o nomeamento do complexo como Álvaro Cunqueiro propiciaría que a figura do veciño mindoniense se consolidara aínda máis no tempo ademais a influencia e recoñecemento do escritor axudaría a incrementar o prestixio no traballo dos profesionais que prestarán servizo no complexo.

Segundo analizan os populares, todo parece demostrar que parte dos socialistas viron o positivismo deste nomeamento xa que o Grupo Municipal Socialista votou a favor desta iniciativa no Concello mentres que no Parlamento o grupo parlamentario se abstivo.

Así, segundo os populares a abstención do BNG e do PSOE supón unha vez máis negarlle o apoio a un escritor insigne e a unha localidade como Mondoñedo.

Exit mobile version