Site icon Crónica3.com A Mariña

O parque empresarial de Barreiros dispón páxina web con información empresarial

Nota de prensa:

O PARQUE EMPRESARIAL DE BARREIROS ESTREA PÁXINA WEB NA QUE SE PODE ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE AS EMPRESAS ALÍ INSTALADAS E SOBRE AS PARCELAS QUE ESTÁN LIBRES. ADEMÁIS PON A DISPOSICIÓN DOS TRABALLADORES O NOVIDOSO SISTEMA CARPOOLING.

Barreiros, 24 de febreiro de 2012. O alcalde, Alfonso Fuente, e responsables da empresa Signo presentaron esta mañá no Concello a páxina web do parque empresarial de Barreiros na que ademáis de atopar toda a a información sobre as firmas alí instaladas e sobre as parcelas libres os interesados poderán disfrutar do servizo de carpooling.

Fuente Parga explicou que “calqueira que desexe saber os servizos que se prestan neste parque empresarial poderán coñecelos nesta páxina web barreiros.parquesempresariais.es. Nela poderán localizar as naves dentro do polígono, ter información das empresas alí ubicados e das parcelas que están libres”.

O rexedor subliñou que “esa páxina web tamén conta cun sistema novidoso, e que a día de hoxe pode ser moi ventaxoso para os traballadores deste polígono, que é a movilidade a través do denominado carpooling. Así algún traballador que se desprace todos os días ata aquí desde Ribadeo, desde Burela, desde Foz… pode compartir coche con outros traballadores que fagan ese mesmo percorrido e todo esto nun momento no que acaba de subir o prezo dos carburantes un montón e se pode conseguir un aforro importante a través deste sistema”.

Alfonso Fuente considera que “se trata dunha boa iniciativa que financia a Consellería de Industria, que segue a apostar polos parques empresariais. Nós estamos convencidos de que o noso polígono está moi ben ubicado, sobre todo cando conclúa a A-8 e cando se inicie o corredor, porque estará na t do Cantábrico e para moitas empresas de distribución a súa situación é a idónea”.

Exit mobile version