Nota de prensa
Unha parte da infraestrutura veuse abaixo no mes de maio
O PP local denuncia a despreocupación constante do goberno mindoniense que leva máis de medio ano sen arranxar unha ponte en Figueiras
• Membros do grupo local menten continuamente ao asegurar que adecuarán a ponte en breve
• A ponte permite a comunicación entre a estrada principal da parroquia de Figueiras e unha vivenda familiar
• O paso de coches e tractores provoca que cada vez sexa máis o terreo que se derruba incrementando o perigo
No pasado mes de maio parte do terreo xunto cun muro da marxe dereita da ponte veuse abaixo o que está a ocasionar dificultades na circulación dos coches e tractores, que se ven na obriga de cruzar con precaución e sempre pegados a marxe esquerda. Esta situación da infraestrutura supón un importante perigo para os que se ven obrigados a circular todos os días pola ponte xa que co paso do tempo cada vez é máis o terreo que se derruba.
Os afectados solicitaron en varias ocasións a adecuación da infraestruturas, obtendo sempre unha resposta positiva por parte do bipartito pero que incumpren continuamente e que co paso dos meses non se materializa. O único que fixo ata o momento o Concello foi colocar dúas vallas que sinalan a perigosidade do lugar, que co paso do tempo se acrecenta.