Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP interésase no Parlamento polas medidas da Xunta para incrementar a cota de pescada do norte

Nota de prensa:

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular lembra que existen argumentos científicos que acreditan o bo estado deste recurso e a posibilidade de incrementar as capturas garantindo unha actividade sostible e responsable

BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLAS MEDIDAS DA XUNTA PARA ACADAR UN INCREMENTO DE COTA DA PESCADA DO NORTE

O Consello Europeo de Ministros de Pesca o pasado mes de novembro acordou manter a mesma cota que o ano pasado para esta pesqueiría.

O deputado pregunta polas xestións que a Consellería do Mar ten previsto poñer en marcha con este obxecto, tanto na conformación do Grupo de Traballo co sector, como respecto da súa composición, funcionamento e estratexia a seguir.

Santiago, 15 de febreiro de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Popular na Cámara galega, Jose Manuel Balseiro Orol, vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria coa que se interesa polas medidas que ten previsto poñer en marcha a Xunta de Galicia de cara a acadar un incremento nas posibilidades de captura da pescada do norte.

O voceiro popular do Mar explica que o Consello Europeo de Ministros de Pesca, que tivo lugar o pasado mes de decembro, acordou manter a mesma cota que a do ano pasado (roll over) para esta especie de grande interese comercial para a flota galega e moi particularmente para o sector pesqueiro da Mariña lucense. Bruxelas mantén en 2012 as 55.105 toneladas de pescada do norte asignadas en 2011, das que 15.450 toneladas serán para os barcos españois, nun importante número galegos.

Balseiro clarexou que ainda que a decisión final foi mellor que a inicialmente prevista -xa que a proposta, nun principio, era dun descenso na cota da pescada do norte- o resultado segue a ser insatisfactorio para os intereses de Galicia, xa que tanto o sector como os informes científicos dispoñibles acreditan o bo estado deste recurso e abundancia da biomasa que permitiría maiores capturas.

GRUPO DE TRABALLO CO SECTOR

A Consellería do Mar xa anunciou que co gallo da próxima xuntanza europea prevista para o mes de xullo promoverá diante das institucións comunitarias o aumento de cota. Balseiro pregunta polas xestións que desde este departamento autonómico teñen previsto poñer en marcha con este obxecto, tanto na conformación dun Grupo de Traballo co sector como respecto das previsións sobre a súa composición, funcionamento e obxectivos.

Balseiro conclúe lembrando que non sería a primeira vez que se impulsa esta estratexia da Consellería do Mar en apoio aos intereses do sector e dirixida a acadar un incremento das posibilidades de pesca. Xa demostrou o seu éxito na pasada anualidade cando Xunta e sector, -cunha soa voz- unidos nun Grupo de Traballo e con informes científicos e socioeconómicos conseguiron convencer a Bruxelas dun aumento na cota do lirio.

Exit mobile version