Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP interesase polas medidas que ten previsto poñer en marcha a xunta para impulsar o turismo mariñeiro

Nota de prensa

O voceiro do Mar dos populares galegos considera que un dos aspectos con maior proxección e potencionalidade, hoxe e no futuro, é o aproveitamento do actractivo turístico vinculado á actividade mariñeira

BALSEIRO PREGUNTA POLAS MEDIDAS QUE TEN PREVISTO POÑER EN MARCHA A XUNTA PARA IMPULSAR O TURISMO MARIÑEIRO

Galicia ademais de ser un espazo de referencia para actividades lúdicas, culturais e deportivas nas súas costas e portos, debe poñer en valor os recursos e infaestruturas mariñas existentes  tales como: acuariums, lonxas, fábricas de salgadura, centos de investigación, estaleiros, fábricas de conserva, carpinterías de ribeira, festas marítimas embarcacións tradicionais…

Potenciar un sector económico como o do turismo mariñeiro o lecer marítimo permite achegar ingresos complementarios ás xentes do mar e comunidades mariñeiras, e a confrarías, asociacións e clubs.

Santiago, 21 de febreiro de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, rexistrou varias iniciativas na Cámara galega interesándose polas medidas que ten previsto poñer en marcha a Xunta de Galicia para impulsar o turismo mariñeiro.

Balseiro lembrou que desde a súa formación política sempre defenderon como un dos aspectos  con maior proxección e potencionalidade, hoxe e  no futuro, o aproveitamento do atractivo turístico vinculado á actividade pesqueira e marisqueira, isto é, o que se coñece como turismo mariñeiro.

En opinión do portavoz popular do Mar, Galicia non só está  a converterse nun espazo de referencia para as actividades lúdicas, culturais e  deportivas nas súas costas e portos, senón que tamén debe saber aproveitar o  potencial do turismo e do ocio vinculado ao mar a través de diversas actuacións como poden ser a posta en valor dos recursos e infraestruturas mariñas existentes, como por exemplo, museos, lonxas, fábricas de salgadura, centros de investigación, estaleiros, fábricas de conservas, antigas baleeiras, carpinterías de ribeira, embarcacións tradicionais, festas marítimas, cociña tradicional, etc…

INTERESE CRECENTE

Jose Manuel Balseiro lembra que a través das accións impulsadas pola Consellería do Mar é posible recuperar e poñer en valor o noso patrimonio marítimo e as actividades desenvolvidas polos homes e mulleres do mar. Salienta ademais que existe constancia do volumento crecente de persoas que teñen  interese en coñecer como se desenvolve unha  xornada de pesca, ou a venda do pescado en lonxa, ou aos  que lle gustaría coñecer o traballo dos oficios máis tradicionais tales como atado de redes, actividades de marisqueo, construccións en madeira nas carpinterías de ribeira… ámbitos de grande atractivo turístico que deben ser aproveitados.

INGRESOS ADICIONAIS

O voceiro do Mar dos populares galegos considera que  contribuír desde a Xunta de Galicia ao desenvolvemento destas iniciativas supón potenciar un sector económico -o do turismo e do ocio do mar- que permite achegar ingresos complementarios ás xentes do mar e os portos galegos. Para iuso é imprecindible a colaboración conxunta e implicación entre a administración e todas as empresas, confrarías, asociacións e clubs, que poden achegar a súa experiencia adquirida nas tarefas que tradicionalmente veñen desenvolvendo neste campo.

Exit mobile version