Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pregunta por qué se crearon na Deputación prazas de director de asesoría xurídica e letrado asesor adxunto en Presidencia

Nota de prensa

Elena Candia: “O salario anual do Director de Asesoría xurídica da Deputación de Lugo é maior co de un Ministro”

. A voceira do PP na Deputación pregúntase, ademáis, por qué se crearon estas prazas de Director de Asesoría xurídica e Letrado Asesor adxunto, na área de Presidencia

Lugo, 14 de febreiro de 2012.-A voceira do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou a información engañosa e enmascarada que está a levar a cabo o organismo provincial en relación a creación no departamento de presidencia, da estructura da área de asesoría xurídica.

Trátase da creación de dous postos de traballo, cuxas bases se publicaron os pasados días 4 e 7 de febreiro no BOP: o de asesor xurídico e o de letrado asesor adxunto, que supoñen cantidades económicas moi elevadas nas arcas da administración, tales que unha delas ata supera ao ano o salario dun Ministro.

“Nunha época de crise económica, que se creen dúas prazas innecesarias, indica, unha vez máis, o despilfarro que desgraciadamente leva a cabo a Deputación lucense e todo apunta as súas ansias por favorecer inxustificadamente a persoas de confianza”.

Vemos como desgraciadamente, o Presidente provincial continua coa forma de gobernar do anterior bipartito da Xunta de Galicia e do goberno de ZP, levando a cabo unha política que podemos nomear de tres Ces: caciquil, clientelar e corrupta.

Asemade no tocante as dúas prazas ofertadas pola Deputación para ocupar no departamento de Presidencia, Candia pregúntase: se na Deputación xa existe unha área de cooperación e asistencia aos Concellos e se a creación destes postos atende a crecente carga de traballo da Asesoría xurídica aos Concellos, ¿por qué non se crearon estes postos nesta área e polo contrario se crearon na de Presidencia?

Para a voceira popular, isto responde a política socialista de meter a dedo a súa xente, xa que na área de cooperación e asistencia aos Concellos e segundo recolle a relación de postos de traballo publicada no BOP do 1 de febreiro do 2012, xa existen dúas prazas de semellantes funcións e natureza: un xefe do servizo de secretaría, intervención e asesoramento aos concellos e outro de servizo de asesoría xurídica aos Concellos; xa duplicados, e aos que agora se lle engade unha duplicidade máis.

Para os populares, as novas prazas pretenden que esta duplicidade pase desapercibida.

Con repecto a política de aforro, da cal presume tanto o señor Besteiro, que só utiliza o organismo provincial para a súa proxección persoal, a voceira do PP asegura que é patético presumir a conta do que fan os demáis

“Reducíronse gastos de persoal porque se transferiron os servizos a Xunta de Galicia” (Exemplo: Hospital psiquiátrico San Rafael e Hospital provincial de San José)

A voceira popular insta a Deputación a que se preocupe polos problemas que demandan os concellos e os cidadáns e non pola súa inexperiencia, que malia a levar menos anos no ámbito político aplica en todas as súas xestións o sentido común.

Exit mobile version