Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reclama a renovación do acordo pesqueiro da UE con Mauritania

Nota de prensa

O protocolo actual, en virtude do que faenan 24 buques cefalopoderos galegos, remata a súa vixencia o 31 de xullo de 2012

O PARLAMENTO GALEGO, CO APOIO DO GRUPO POPULAR, RECLAMA A RENOVACIÓN DO ACORDO PESQUEIRO DA UE CON MAURITANIA

O texto finalmente aprobado recolle o contido da emenda defendida polo voceiro popular do Mar para que “se continúen e intensifiquen” as xestións diante das institucións comunitarias e o Goberno español de cara a reedición dun novo acordo pesqueiro.

Balseiro lembra que Rosa Quintana xa trasladou á comisaria europea de Pesca a importancia de que o novo acordo pesqueiro inclúa garantías de seguranza xurídica que permitan unha actividade pesqueira normal neses caladoiros.

Santiago, 23 de febreiro de 2012.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde, co apoio do Grupo Popular, un texto de consenso no que se reclama a renovación do acordo pesqueiro que a Unión Europea ten con Mauritania. O protocolo actual asinado con esta república islámica africana permite faenar en augas mauritanas a 24 buques cefalopoderos galegos, ata que remate o prazo da súa vixencia o 31 de xullo de 2012.

O texto finalmente aprobado, froito da transacción de todos os grupos políticos da Cámara logo do debate na Comisión de Pesca e Marisqueo, recolle o contido da emenda defendida polo voceiro popular do Mar, Jose Manuel Balseiro, quen defendeu “que continúen e se intensifiquen” as xestións diante das institucións comunitarias e o Goberno español de cara a reedición dun novo acordo pesqueiro.

De feito, o deputado popular lembrou que a conselleira do Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, xa trasladou á comisaria europea de Pesca, María Damanaki (con ocasión dunha xuntanza celebrado en febreiro de 2011) a importancia de renovar este acordo con Mauritania pola súa transcendencia desde o punto de vista tanto produtivo, como económico e social, e insistiu en que o acordo final de ser renovado debera conter totais garantías de seguranza xurídica de tal xeito que se permita unha actividade pesqueira normal neses caladoiros.

CONDICIÓNS PARA A RENOVACIÓN

A cámara galega modifica o texto inicialmente proposto polo BNG e condiciona a renovación do acordo pesqueiro a que se cumpran unha serie de criterios:

a) manter o número de buques galegos e a súa capacidade extractiva, así como a proporción de tripulantes mauritanios en cada buque e a voluntariedade de descargas en porto,

b) que se ofrezan garantías de seguranza xurídica

c)finalmente, que se vincule o acordo pesqueiro ao importante conxunto de relacións políticas, económicas, comercias e doutro tipo que mantén Mauritania coa Unión Europea.

Exit mobile version