Nota de prensa
A Mariña lucense ten un grande potencial forestal e polo tanto moitos propietarios e comunidades poden acollerse a estas axudas
Emma Álvarez lembra que o día 5 remata o prazo para acollerse ás axudas para o fomento da silvicultura
As actuacións que poden ser obxecto destas axudas son moi habituais entre os usuarios dos montes e incluén os rareos, trituración de restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa, podas, rexeneración e outros tratamentos silvícolas
A Mariña, 1 de xaneiro de 2011. A portavoz de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Emma Álvarez, vén de lembrar que o vindeiro día 5 de febreiro remata o prazo de solicitude das axudas para o fomento da silvicultura, das que poden beneficiarse desde os propietarios particulares ata as comunidades de montes veciñais en man común, pasando polas agrupacións de propietarios, cooperativas agrarias e entidades locais, entre outros.
Dado que A Mariña lucense ten un grande potencial forestal, este tipo de axudas resultan de enorme importancia posto que a través delas o departamento que dirixe Rosa Quintana promove a mellora silvícola das masas forestais, con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas; o aumento da superficie forestal arborizada e a diminución do risco de incendios.
Tratamentos silvícolas
As actuacións que poden ser obxecto destas axudas son moi habituais entre os usuarios dos montes e incluén os rareos, trituración de restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa, podas, rexeneración e outros tratamentos silvícolas que se detallan na propia Orde, que tamén establece as superficies forestais mínimas e máximas para solicitalas.
Trátase tamén de obter montes arborizados con producións elevadas e de calidade, a prol industria da transformación da madeira e de aproveitamentos complementarios. Ademais, a iniciativa busca promocionar a silvicultura como fonte de emprego para as persoas que viven no medio rural.