Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE asegura que o presidente da Xunta converteu a fusión de concellos en “nada” porque “carece de estratexia”

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS SINALAN QUE FEIJÓO “NON SE ATREVE” A CELEBRAR UN CONGRESO ANTES DAS ELECCIÓNS POR “MEDO” Á CONTESTACIÓN INTERNA

Méndez Romeu sinala que os procesos socialistas son “abertos e democráticos” mentres no PP “ou herdan os postos ou adían o debate”

Sinala que o presidente da Xunta converteu a fusión de concellos en “nada” porque “carece de estratexia”

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 12. O viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, advertiu hoxe que Feijóo “non se atreve” a celebrar un Congreso antes das eleccións autonómicas por “medo” á contestación interna. Dixo que ven de adialo “indefinidamente” porque “non ten o apoio dos seus”.

O responsable socialista dixo que no PP “ou herdan os postos ou adían por medo ao debate” porque do contrario “terían que escoitar as críticas” e “temen someter a súa xestión a xuízo”. Sinalou que o Congreso do PP de Sevilla evidenciou que a posición do presidente da Xunta ficou “fortemente desairada”, tomando as decisións de costas aos seus plantexamentos.

Sinalou que mentres Feijóo “non se atreve”, os socialistas están en pleno proceso de debate interno que concluirá dentro de 15 días cunha “alternativa política e programática ao Goberno do PP” e baixo unha dirección “forte e unitaria”. Dixo que o debate no interior do PSdeG-PSOE celébrase “en torno á alternativa política que será presentada na próxima convocatoria electoral”.

Fusión de concellos

Méndez Romeu advertiu tamén que o presidente da Xunta ven de “rebaixar o ton” do debate sobre a fusión de concellos, pasando de presentarse como impulsor do proceso a dicir onte que se limitaría a apoiar as propostas dos concellos. Subliñou que “isto e nada é o mesmo”, xa que o Goberno galego “carece de estratexia” neste eido.

Criticou que a Xunta “escúdase no Goberno central, que pola súa banda garda un prudente silencio” sobre este debate e lembrou que noutros países da UE nos que se ten dado “sempre comezaron con acordos previos ao máis alto nivel” entre os máximos responsables políticos.

Dixo que mentres o PP rexeitou as propostas socialistas para constituír unha Comisión parlamentaria que encete os procesos de fusións, o Goberno galego “carece por completo dunha estratexia local, nin cumpre o Pacto Local

Exit mobile version