Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE considerea unha desfachatez que o alcalde presente como porpia a idea de dar o nome de Díaz Pardo ao colexio de Cervo

OS SOCIALISTAS CONSIDERAN UNHA DESFACHATEZ QUE VILLARES PRESENTE COMO PROPIA A PROPOSTA DE DAR O NOME DE DÍAZ PARDO Ó CEIP DE CERVO

-Foi o Comité de Empresa de Sargadelos, en previo acordo co propio colexio, quen nos comunicou a tódolos grupos políticos a súa idea, “días despois, Villares dá a coñecer, como súa, a iniciativa na prensa”

-Os seus supostos argumentos de que os nomes actuais levan a certas confusións, tampouco parten do seu traballo, “o rexistro do Concello recolle un escrito do CEIP de Cervo no que se plantea este problema a Educación”

CERVO, 22 DE FEBREIRO. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo denuncian a desfachatez do alcalde, Alfonso Villares, ó anunciar públicamente na prensa a súa suposta proposta para renomear os centros educativos do municipio. “Chegamos a tal grado de grosería que o señor Villares non dubida á hora de apropiarse de iniciativas alleas”.

Dende o GMS aclaran que “a proposta de nomear ó CEIP de Cervo como CEIP Isaac Díaz Pardo parte do Comité de Empresa de Sargadelos que, en acordo previo coa dirección do propio centro educativo, pretenden rendir homenaxe a quen fora no seu día o seu mentor e á persoa que tanto loitou polos nosos veciños e veciñas”.

O Comité de Empresa de Sargadelos enviaba a semana pasada un comunicado a tódolos grupos políticos do Concello no que se nos presentaba a intención de homenaxear ó finado Isaac Díaz Pardo con esta idea e deixarnos as portas abertas para apoialos noutras posibles iniciativas que fosen nesta mesma dirección. “Parece incrible, días despois, ler na prensa titulares de que o grupo de goberno de Cervo deu a coñecer a súa proposta para nomear aos centros educativos do municipio ou que o Concello proporá o nome de CEIP Díaz Pardo para o centro de Cervo”.

Os socialistas consideran esta actuación “unha falta de respeto moi grave por parte do alcalde hacia as persoas que en realidade pensaron na iniciativa. É unha pena que Villares teña que apropiarse de propostas alleas por non ter iniciativas propias. Se non é así, non se entende esta maneira vergoñenta, pois non ten outro nome, de actuar por parte do rexedor”.

E por se fose pouco, non só fai súa a idea de dar novos nomes ós colexios senon tamén defende como propios argumentos que xa consideraron antes outros. “Non é o señor Villares quen considera importante esta idea para evitar confusións entre os nomes dos centros. O rexistro do Concello recolle un escrito do CEIP de Cervo no que, dirixíndose á Consellería de Educación, dá conta das continuas confusións que provocan os nomes, tan parecidos, dos dous colexios do concello, vendo necesarias novas denominacións para evitar estes problemas e dotalos da súa propia identidade. Qué mellor forma de solucionar este asunto que homenaxeando a persoas ilustres que fixeron tanto polos nosos veciños e veciñas”.

Os socialistas amosan o seu apoio á iniciativa do Comité de Empresa de Sargadelos e do propio CEIP de Cervo para dar o nome de Isaac Díaz Pardo ó colexio e esperan que “esta maneira de actuar do señor Villares non se volva a repetir, pois é moi triste que se apropie de iniciativas de outras persoas ou colectivos. Que se poña a traballar polos veciños e que non sexan os veciños os que traballen por el”.

Exit mobile version