Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz propoñerá que o pleno pida a retirada da Reforma Laboral e a que retome a mesa de negociación con sindicatos e empresarios

Nota de prensa

O PSdG- PSOE de Foz vai presentar, no día de hoxe, unha moción urxente para aprobar polo Pleno do Concello e instar ao Goberno Central á retirada da Reforma Laboral e a que retome a mesa de negociación con sindicatos e empresarios.

A reforma laboral RDL 3/2012 de 10 de febreiro que entrou en vigor o luns día 13 de febreiro, conten unha radical transformación do mercado de traballo que restrinxe enormemente os dereitos dos traballadores e traballadoras, a vez que aumenta o poder discrecional dos empresarios.

As manifestacións celebradas o pasado sábado puxeron en evidencia que dita reforma non gusta aos traballadores e traballadoras e que se debe chegar a acordos que satisfagan a clase obreira, non desprezando en absoluto ao Goberno Central que é unha parte esencial neste tema, pero considerando que é necesario que o Goberno se sente a negociar cos Sindicatos e Patronal deste pais, para chegar a un acordo sobre a reforma laboral que satisfaga a tódolos sectores implicados na mesma.

Avogamos por un entendemento entre as partes, para non ter que saír de novo as rúas para reclamar os dereitos usurpados de maneira unilateral polo Goberno da nación a clase obreira, agora ben todo isto depende da retirada da actual reforma e a negociación entre Patronal, Sindicatos e Goberno da Nación.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista formula a seguinte moción a fin de que o Pleno se pronuncie sobre a mesma e adopte o seguinte acordo:

1º Que o Goberno Central retire a reforma laboral por ser un retroceso total e unha usurpación de dereitos esenciais dos traballadores/as de este país.

2º Que se retome a mesa de negociación entre Goberno, Sindicatos e Patronal.

3º Que se envíe copia de esta moción Goberno da Xunta, Deputación Provincial e Concellos da Comarca da Mariña.

Exit mobile version