Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo presenta a súa paxina web

PSdeG/PSOE/RIBADEO

Nota de Prensa

PRESENTACIÓN DA PÁXINA WEB AGRUPACIÓN PSdeG-PSOE DE RIBADEO

Mónica Fernández Triguero

Sª de Xuventude – Executiva da Agrupación Socialista de Ribadeo

Dende a Executiva da Agrupación Socialista de Ribadeo levábamos semanas cun proxecto de presenza nos medios que nos achegase á cidadanía tanto a través das redes sociais como a través doutros medios de Internet. Comezamos coa creación dun perfil da agrupación en “Facebook” que medra día a día, seguimos coa incorporación en “Youtube” dun vídeo no que recollíamos as inversións da Deputación no noso Concello, pero… queríamos algo máis, unha ferramenta de traballo bidireccional, de interacción mutua entre a cidadanía e a Agrupación.

Froito desa continua procura dun contacto máis acorde cos tempos deseñamos a nosa páxina web, á que se pode acceder na seguinte dirección http://agrupacionpsoeribadeo.es/. A través dela pretendemos dar a coñecer as nosas actuacións, o noso interese por Ribadeo e polos cidadáns e cidadás que viven na nosa vila, establecer un punto de encontro que nos axude a saber das inquedanzas e preocupacións dos ribadenses e que permita crear unha canle de comunicación viva e activa para que entre todos poidamos acadar os mellores éxitos para Ribadeo.

Iniciamos unha nova etapa na que queremos abrir todos os canles de comunicación cos veciñ@s na procura dunha maior proximidade. Así pois, esperamos que sexa do voso agrado e que nos axudedes a facer desta páxina un instrumento de traballo común por e para tod@s.

Exit mobile version