Site icon Crónica3.com A Mariña

O PXOM de Burela,próximo ó seu remate, disporá de solo adicional para unha futura ampliación do hospital

Nota de prensa

BURELA COMUNICÓULLE Á CONSELLERÍA DE SANIDADE QUE DISPORÁ DE SOLO ADICIONAL NO PXOM PARA UNHA FUTURA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL. O ALCALDE AFIRMA QUE A SUPERFICIE TOTAL TERÁ MÁIS DE 106.000 METROS CADRADOS. GONZÁLEZ BARCIA DI QUE O PXOM RECOLLE 127.000 M2 DE NOVO SOLO DOTACIONAL.

Burela, 11 de febreiro de 2012. O Concello de Burela comunicoulle á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que o Plano Xeral de Ordenación Municipal que se está a elaborar, e que se atopa moi próximo ó seu remate, disporá de solo adicional para unha futura ampliación do Hospital.

Así llo fixo saber a alcalde burelés, José María González Barcia, á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, nunha reunión mantida o pasado martes en Santiago, á que tamén asistiron a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o secretario da Mesa do Parlamento e diputado autonómico pola Mariña, José Manuel Balseiro.

En concreto, a superficie que hoxe ocupa o Hospital da Costa ascende a un total de 33.389 m2. O Concello aumentará o solo asignado para unha futura ampliación do hospital hasta os 106.194 m2, ousexa, 72.805 m2 máis. Do total, 65.906’28 m2 son solo urbano, e 40.288’43 m2 son de solo urbanizable. Igualmente, a viais resérvase dentro do total, uns 19.360m2.

A maiores, segundo indicou González Barcia nunha rolda de prensa hoxe en Burela, acompañado do seu equipo de goberno, o Concello prevé incluir no PXOM unha reserva adicional de solo urbanizable de 18.000’00m2. Deste xeito, o total de solo reservado para o hospital podería chegar a de 124.194’71m2.

O alcalce burelés indicou que “a entrega de documentación á conselleira faise logo de que a propia Consellería demandase dispoñibilidade de solo para unha futura ampliación do centro sanitario no mes de novembro”. O rexedor manifestou que a entrevista con Mosquera “era lóxica, porque ainda que coñece o asunto, non hai que esquecer que como conselleira leva mes e medio”.

José María González Barcia invitou á conselleira a visitar Burela e o hospital de forma oficial, ao que se comprometeu a propia Rocío Mosquera, para de paso ver o funcionamento da nova área de xinecoloxía. Asimismo, agradeceu o interese amosado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o deputado autonómico e secretario xeral do PP na provincia, José Manuel Balseiro.

Solo rotacional no PXOM

Na rolda de prensa, González Barcia manifestou que o PXOM burelés recolle un total de 127.356 m2 de novo solo rotacional, “queremos que Burela, dentro das súas limitacións en canto a espacio físico, conte con solo dotacional para poder asentar no futuro aqueles servicios que nos poidan ofertar e beneficiar”.

Así, Burela contará cun total de 341.369 m2 de solo dotacional (hoxendía hai 213.618m2), ousexa, un sesenta por cento máis. Dos que 140.000 m2 son solo urbano; 13.369 m2 son urbano non consolidado, e 68.000 m2 son solo urbanizable. Ademais, hai 120.000 m2 en solo rústico.

Para o alcalde burelés, este incremento do sesenta por cento de solo dotacional “é significativo e importante. Significativo, porque demostra a aposta deste equipo de goberno de ampliar servicios existentes ou acoller outros novos no futuro. E importante, porque pasar de 213.000 m2 a 341.000 m2 xa o di todo”.

Finalmente, González Barcia indicou que o vindeiro xoves, ás cinco e media da tarde, está prevista unha reunión non oficial da comisión de seguemento do PXOM co equipo redactor do mesmo.

Exit mobile version