Nota de prensa
O SERVICIO DE PREVENCIÓN MANOMUNADO MAR SEGURO DE GALICIA, CREADO POLAS FEDERACIÓNS PROVINCIAIS DE CONFRARÍAS GALEGAS, REÚNESE COAS CONFRARÍAS MARIÑANAS PARA DIVULGAR O SEU NOVO DEPARTAMENTO DE FORMACIÓN
O servizo de prevención mancomunado da asociación Mar Seguro de Galicia (SPM-MSG) creou a finais do ano pasado un novo departamento de formación, onde se conseguiu involucrar a 210 empresas do mar, formando a máis de 300 traballadores, o que computou case 20.000 horas de formación.
Sen embargo, para Mar Seguro de Galicia, isto non é suficiente, e a súa intención para o 2012 é chegar a máis empresas, e formar así a máis traballadores do sector da pesca. Pero para isto MSG precisa da axuda das confrarías de pescadores e da súa labor divulgativa.
Por este motivo o xefe do servizo de Prevención, Juan Vázquez, xunto co técnico de prevención encargado da zona da Mariña, Patricia López, comezaron hoxe unha ronda de reunións polas confrarías mariñanas para dar a coñecer, aos patróns maiores e ao resto de persoal das confrarías, este novo departamento de formación, para que así eles o podan transmitir aos seus asociados.
As reunións comezaron a primeira hora da maña na confraría de Burela, pasando a continuación por San Cibrao, Celeiro e o Vicedo. Espéranse que nos próximos días se visiten todas as confrarías mariñanas.
Tralas reunións, Juan Vázquez indica “estar satisfeito posto que as confrarías ven moi positivo para o sector ofrecer un amplo catálogo de cursos en función das necesidades do mesmo”.