Site icon Crónica3.com A Mariña

Os segredos dos instrumentos musicais en Galicia no I.E.S. Perdouro en Burela

Nota de presna

Os segredos dos instrumentos musicais en Galicia no I.E.S. Perdouro en Burela

Mañá, venres, 17 de febreiro, ás 11:30 da mañá, recibiremos no I.E.S. Perdouro a José María Álvarez Marías, fundador da “Escola de Gaitas de Ortigueira” e do tan recoñecido “Festival Internacional do Mundo Celta”. Nunha charla-coloquio explicará ao alumnado de 2º de E.S.O. os aspectos fundamentais dos instrumentos da música tradicional galega e presentaralles uns 30 instrumentos dos máis característicos de Galicia, interpretando algunhas pezas e ritmos tradicionais.

A actividade está coordinada polo Departamento de Música e pola Área de Innovación Educativa no ámbito lingüístico do I.E.S. Perdouro.

Exit mobile version