Site icon Crónica3.com A Mariña

Pospoñen para mediados de mes a xuntanza do presidente de Expomar co de Feiras e Exposicións de Lugo

A xuntanza entre o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José María González Barcia, e o presidente executivo da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Eduardo Núñez Torrón, será o vindeiro 16 de febreiro ás 11 da mañá. O encontro previsto para hoxe no Concello de Burela queda así aprazado para a semana próxima. O obxectivo desta xuntanza é analizar a posible colaboración a establecer entre o Concello e a Fundación Expomar e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.

Exit mobile version