Site icon Crónica3.com A Mariña

Preséntase en Ribadeo o programa Xanela Aberta ao Sur

Nota de prensa:
Preséntase en Ribadeo o programa Xanela Aberta ao Sur

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DO XANELA ABERTA AO SUR

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur. Un programa que de formación en cooperación e solidariedade que ofrece a posiblidade de visitar ós proxectos que a organización galega desenvolve en parcería con organizacións do Sur.

Para dar a coñecer este programa, activistas que realizaron este programa o ano pasado darán unha charla na Casa das Letras o vindeiro 3 de marzo ás 20:00 horas.

Dende o 6 de febreiro e ata o 22 de marzo está aberto o periodo de inscrición para participar neste programa de educación para o desenvolvemento.

O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:

– Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )

– MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )

– Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son: 24 de marzo, 14 e 15 de abril, 12 de maio, 26 de maio e a avaliación o 15 de setembro

Os requisitos para participar son:

– Ser maior de idade

– Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas

– Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)

Tes máis información e aclaracións no noso apartado de educación ó desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook de Amarante.

Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amarantesetem.org ou nos teléfonos 986 84 81 59 ou 981 584 713

Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

Exit mobile version