Site icon Crónica3.com A Mariña

Resultados da liga de bolos de Xove despois da tirada do centro social de A Vara

NOTA DE PRENSA.-

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 15ª  TIRADA

(CENTRO SOCIAL DE A VARA – Sábado, 25 de febreiro de 2012)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA  (25 FEBREIRO 2012  ) 35   INSCRITOS:   22  NA LIGA SENIOR,    6  NA LIGA SUB 16  E    7   NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 202 12
SEGUNDO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 198 10
TERCEIRO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 196 8
CUARTO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 190 7
QUINTO JOSE VIGO LAGE 186 6
SEXTO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 185 5
SÉTIMO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 177 4
OITAVO JOSÉ  GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 175 3
NOVENO JOSÉ  ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 165 2
DÉCIMO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 164 1
MELLOR BOLADA CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 85 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 110 6
SEGUNDO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 104 4
TERCEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 78 3
CUARTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 65 2
QUINTO CRISTÓBAL RIVAS CAMPO 58 1
MELLOR BOLADA ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 55 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 110 6
SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL 93 4
TERCEIRO CONCEPCIÓN  PIÑEIRO LÓPEZ 92 3
CUARTO MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ 57 2
QUINTO CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA 30 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 49 1

Liga Senior Masculina.- O que son as cousas. Arturo Vigo que hai  un par de semanas xa se vía como campión, ve agora ameazada a súa privilexiada posición por Francisco Pérez, grazas ás dúas victorias consecutivas conseguidas por Francisco. Francisco podería, matematicamente, porse líder na vindeira tirada de Vilachá se gaña e consigue a mellor bolada e Arturo Vigo non consigue puntuar; dahí que Arturo necesitará porse as “pilas” se non quere verse en problemas ao final do campionato. O que tamén consigue Francisco Pérez é afianzarse na segunda posición, cunha cómoda renda de 21 puntos sobre o terceiro clasificado, que sigue a ser José Rafael González con 72 puntos. Iso sí, Rafa que non se descuide xa que por detrais ten a Sócrates con 63, César con 59, Omar con 58, Marcelino con 55, etc. Como conclusión, despois desta tirada, e a falla das de Vilachá, Morás e Sumoas, o campionato volveuse a abrir,  estando bastante claro que Arturo Vigo e Francisco Pérez van loitar polas dúas primeiras prazas, con vantaxe para Arturo neste caso; pola terceira praza do caixón de honra final Rafa parte con vantaxe, pero que non se descuide.

Liga Senior Feminina.- A noticia nesta Liga é que Dolores Baño, ao non puntuar, perde prácticamente tódalas opcións de revalidar o seu entorchado nesta categoría, inda que matemáticamente tería opcións; iso sí, a terceira praza non hai quen lla quite, e inda podería loitar pola segunda. Polo tanto, de aquí ao final, veremos unha forte loita entre Carmen Roca, líder con 64 puntos, seis máis que Belén Meitín, quen foi capaz de recortarlle dous nesta tirada.  Belén ten inda moitas opcións de poder gañar, pero ao mesmo tempo vai ter moita presión xa que nunca conseguiu gañar este campionato, e a súa rival e líder neste intre Carmen Roca xa o conseguiu na primeira Liga desta categoría. As tres tiradas restantes van ser moi bonitas por ver quen se fai con trunfo final.

Liga Sub 16.- Nesta Liga, con Salomé como virtual –inda que non matemáticamente- campiona, a loita estase a desenvolver entre Daniel López e Isaias Cardoso, cunha pequena renda de un punto para o primeiro grazas á súa victoria en A Vara. Polo tanto, nas tres últimas tiradas veremos unha forte loita entre Daniel López e Isaias Cardoso pola segunda praza, con Salomé de xuiz mirando dende arriba da táboa.

A vindeira tirada terémola o SÁBADO 3 DE MARZO NO CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ, NA PARROQUIA DE PORTOCELO.

Exit mobile version