Site icon Crónica3.com A Mariña

Resultados da tirada de bolos da liga feminina de Xove

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 13ª  TIRADA

(CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE – Sábado, 4 de febreiro de 2012)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CAMPO FÚTBOL DE XOVE   (4 FEBREIRO 2012  ) 35   INSCRITOS:  22   NA LIGA SENIOR,   6   NA LIGA SUB 16  E     7  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 210 12
SEGUNDO JOSE VIGO LAGE 199 10
TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 186 8
CUARTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 182 7
QUINTO LUIS RANCAÑO BOUSO 182 6
SEXTO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 175 5
SÉTIMO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 161 4
OITAVO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 161 3
NOVENO AUGUSTO ALBO OCAMPO 160 2
DÉCIMO MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 159 1
MELLOR BOLADA MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 82 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 134 6
SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 69 4
TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 51 3
CUARTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 15 2
QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 12 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 62 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 126 6
SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO 76 4
TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 61 3
CUARTO MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ 46 2
QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 42 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 50 1

Liga Senior Masculina.- Terceira victoria de Marcelino Rodríguez, nesta ocasión moi clara,  o que lle permite pasar o 11º ao 9º posto. Líder, consolidando a súa vantaxe, Arturo Vigo con 99 puntos, 31 máis que Francisco Pérez, quen con 68 puntos recupera a segunda praza, en detrimento do vixente campión José Rafael González, quen no foi capaz siquer de puntuar.  O segundo posto de Jose Vigo permítelle avanzar do 9º ao 7º posto. Polo demáis, a clasificación sigue prácticamente como estaba. A falla de 5 tiradas, e con 65 puntos máximo por disputar (5×12 máis 5 puntos por cada mellor bolada), parece moi difícil que Arturo Vigo perda esta vixésima edición da Liga.  Sería unha auténtica ecatombe se iso sucedese, tendo en conta ademáis o nivel de xogo de Arturo. Polo tanto, de agora ata o final,  podemos decir que a loita vai estar fundamentalmente por acadar o segundo e terceiro posto finais, tendo un amplo abanico de xogadores que poden aspirar, dende Francisco Pérez con 68 puntos (segundo) ata por exemplo Marcelino Rodríguez con 45 puntos (noveno).

Liga Senior Feminina.- Incontestable a victoria da líder Carmen Roca, quen amplia lixeiramente a súa vantaxe sobre Belén Meitín, con 56 e 51 puntos respectivamente. Terceira, como non, Dolores Baño con 48 puntos, e xa moi alonxadas Concepción Piñeiro con 20 e Leonor Casabella con 13. Nesta categoría, polo tanto, todo inda por decidir; pero cremos, que quen máis se xoga, é Belén Meitín, xa que inda non consigueu ser campiona nesta categoría, e Carmen e Dolores sí, polo que seguramente de aquí ao final van xogar con menos presión que Belén.

Liga Sub 16.- De espectacular se pode calificar a actuación de Salomé Cardoso nesta tirada, superando amplisimamente a tódolos seus rivais e consolidando o seu liderato, cunha vantaxe que se vai aos 14 puntos respeto do segundo, con 66 puntos de Salomé por 52 de Daniel López. Terceiro é Isaias Cardoso con 48 puntos, a 18 puntos da súa irmá. Nas seis últimas tiradas, cinco trunfos e un segundo posto de Salomé; tanto Daniel como Isaias xa se van mentalizando que vai ser moi difícil parar a Salomé nas cinco tiradas que quedan, e van ir centrando a pelexa entre eles por ver quen queda segundo e terceiro.

A vindeira tirada terémola o SÁBADO 11 DE FEBREIRO NO CAMPO CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO, NA PARROQUIA DE XUANCES.

Exit mobile version