Site icon Crónica3.com A Mariña

Un informe de CC.OO conclue que non hai un marco estable de financiamento dos servizos sociais en Galicia

Fonte

OS RECORTES NOS SERVIZOS SOCIAIS DOS CONCELLOS
Febreiro de 2012

Conclusións
Os datos reflectidos no informe evidencian que non existe un marco estable de financiamento dos
servizos sociais. Nin a Administración central nin a autonómica achegan recursos suficientes para o
mantemento do sistema de servizos sociais, e todo semella indicar que os concellos non cobren
estas deficiencias con recursos propios.
Desde CCOO denunciamos os recortes que as diferentes Administracións están a aplicar no sistema
de servizos sociais; recortes que implican unha diminución dos servizos prestados e da súa calidade
nun momento en que é necesario incrementar a oferta e tamén unha redución de emprego público.
Urxe definir un marco estable de financiamento para os servizos sociais que prestan os concellos e
que sufragan a Administración do Estado e a Xunta. Pero tamén se necesita financiamento e xestión
adecuada por parte dos concellos; é dicir, os servizos sociais teñen que ser a prioridade no gasto das corporacións municipais, que deben utilizar as súas capacidades fiscais para obteren os recursos
necesarios con que financialos.
Desde CCOO reivindicamos o mantemento e potenciación duns servizos sociais públicos que
garantan a igualdade de acceso e a universalidade dos servizos e das prestacións. Reivindicamos
que conten con financiamento suficiente porque hoxe, en tempo de crise, son máis necesarios ca
nunca para reducir as desigualdades e potenciar a cohesión social, sen esquecer que a súa
potenciación favorece a actividade económica e é fonte de creación de emprego.

Exit mobile version