SIN EXTREMOS TODO FUNCIONA MELLOR
Si trasladamos este supuesto á actualidade, podemos sacar variadas e amplias conclusions.
A primeira e mais importante sería sin dúbida o odio e repulsa á que a clase política nos está empuxando. Desde sempre e actualmente mais intensamente, se pretende que as persoas se poñan nos extremos, o que conleva que sexamos de dereitas ou de esquerdas .
Eso implica que en calquera dos dous lados se esixa ou se aconselle mirar con recelo, animadversión e as veces odio hacia a parte contraria.
A función e simplemente manter un clientelismo que a falta de outras propostas mais edificantes , nos leve a rechazar, menospreciar e incluso ignorar calquer idea ou pensamento que non veña alineado co partido en cuestión.
Desde un punto de vista mais obxetivo estou seguro que esta situación lle xenera a mais de un-unha cierta inquietude persoal, de modo que as veces deixamonos levar polo entorno sin pensar que seguramente a nosa conciencia nos esta decindo outras cousas.
Por outro lado esta crise de valores ten unha consecuencia menor, ainda que non menos significativa, en tanto que fractura a sociedade nos momentos en que mais falta nos fai a union para encauzar un progreso sostible e creible.
Estos dias vemos nos medios de comunicación unha división que vai crecendo día a día e que pode desembocar en un grave conflicto social. Así por un lado o PP , co peito enchido de orgullo e poder ,lexitimamente gañado nas urnas, nos propón unhas medidas económicas duras e atacando directamente na linea de flotación da sociedade do benestar que tanto tempo nos levou conseguir.
Non son quen de criticar tales medidas por descoñecemento profundo da economía do pais, pero si reclamar cierta cordura nas mesmas.
De todos é sabido que ” a verdade doe solo unha vez, en cambio a mentira doeranos toda a vida cada vez que a recordemos”. Por iso opino que a sociedade merece ser consciente da situación , con datos e fundamentos, antes que nos mintan cada dia tratando de suavizar a realidade.
Por outro lado as forzas da esquerda, tratan de decirnos que debemos revelarnos contra estas medidas, azuzando a sociedade con medos e con menxases apocalípticos cousa que tampouco reflexa a realidade de este país chamado España.
Por eso, a calquera persoa de bon corazón e con un mínimo de sentido común, creo que se lle plantexa unha pregunta. ¿ Non haberá un termino medio pa todo esto?
Eu persoalmente creo que sí, creo que ainda queda na nosa sociedade persoas que estarían dispostas a facer oidos xordos a proclamas de calquer tipo e afrontar os problemas con serenidade, aplomo e tranquilidade, de forma que as medidas que se vaian tomar non sexan un reflexo partidario si non unha mezcla de sentido comun, responsabilidade e man tendida.
Como a mayoría dos Españois , a min tamen me queda grande falar de grandes cifras e de macroeconomía, por eso debemos centrarnos en solucionar as cousas domesticas e cercanas como son os nosos concellos ,que ao fin e o cabo, son as medidas que mais de cerca sufre calquer cidadan.
Asi en Mondoñedo, como non pode ser menos, vivimos esa división partidista e insolidaria que as grandes formacions nos intentan inculcar. Asisto atónito a como se perden amistades, incluso negocios ou inversions por que veñan de un lado ou de outro de esas inclinacions politicas.
Modestamente creo que haberá que crear un modelo politico que se mova sin odios nin recelos, que recolla o mellor de cada lado e que sexa capaz de traballar sin interes partidista para que de esta forma sexamos capaces de crear a riqueza economica e social que nos empuxara hacia un futuro mais prometedor.
Miremos a nosa xuventude, sin poñerlles limites,deixemoslles implicarse, de forma que sexan eles os que tracen o futuro que queren e demoslles o apoio da experiencia que a idade e as circunstancias nos foron deixando.
Solo así , e sempre desde a miña opinión, sentaremos as bases da convivencia sin odios e sin extremos .
Por esto e moito mais que non cabería en este escrito animo as persoas de bon corazón, centradas , dispostas e sobretodo implicadas a tomar as riendas do seu futuro e xuntos consigamos demostrarlles os extremos que o termino medio e a base do exito.
Persoalmente estarei disposto a axudar a este proposito en todo o necesario , sempre desde o respeto hacia todalas partes e ca moderación que a boa educación nos inculcou.
Con tales premisas invito a reflexion profunda e despois a intervir decidamente para que os nosos pensamentos sexan realidade.
A tal fin , aqui estarei!.
Jorge Losada Comendeiro