Nota de prensa;
A creatividade á hora de empregar o mel e a presentación foron os argumentos máis destacados polo xurado á hora de realizar a selección.
Na sección de “doces” elaborou unha “Mousse de chocolate branco e laranxa con interior de Mel de Galicia”. No apartado “petiscos” elaborou “Lombo de cordeiro con salsa de mel e cenoria”.
O alumno tivo a a oportunidade de realizar un “Show Cooking” diante do xurado, prensa e convidados onde deu a coñecer as súas receitas. O alumnado do Departamento de Hostelería estivo apoiando ao seu compañeiro e aproveitaron para visitar Fórum Santiago.