Site icon Crónica3.com A Mariña

Sonda Norte presentouse en Ribadeo como unha plataforma cultural e creativa aberta a todos

Nota de prensa:

Sonda Norte presentouse formalmente hoxe coma unha plataforma cultural e creativa aberta para
todos aqueles que estean interesados nos contidos culturais, en tódalas súas formas posibles, que se
fan na nosa vila. Co obxectivo de apoiar e difundir a cultura levouse a cabo a primeira das reunións
do colectivo, hai un par de meses máis ou menos. Pasado este tempo, e grazas a unha ampla
participación, Sonda Norte xa deixou de ser unha idea para converterse en algo máis concreto.
Deste xeito, hoxe presentamos a identidade visual do colectivo, levada a cabo por Roberto
Martínez, así como as diferentes propostas que están planeadas para os próximos meses, e que se
adxuntan no presente correo, entre as que se atopan a creación dunha páxina web, a realización
dunha exposición a redor dos grupos de rock ribadenses ou un festival, mirando xa de cara ao verán.
Dende a concepción da cultura como unha forma de crecemento e desenvolvemento, o colectivo
busca revalorizar a cultura popular e alternativa, poñer en releve o traballo dos creadores e
creadoras locais e, mediante o traballo en equipo e a unión de ideas, levar a cabo actividades que
serían imposibles de xeito individual. Todo isto mediante un xeito de organización totalmente
aberto a todos aqueles que se sintan interesados neste proxecto. Á presentación, á que acudiron un
bo número de mozos e mozas da vila que comparten inquedanzas culturais, estivo acompañada por
un “miniconcerto” da formación ribadense Zora Gabbara, composta polos ribadenses Miguel
Fernández “Cherry” e Héctor Peña.

ESTIMACIÓN ABERTA DE PROGRAMACIÓN SONDA NORTE 2012
XANEIRO
Presentación da Coordinadora Sonda Norte, do seu logotipo e das liñas de
traballo para 2012, na Casa da Mocidade
FEBREIRO
Presentación da páxina web
MARZO
Presentación proxecto de voluntariado para creación da Mediateca Sonda
Norte e exposición colectiva na Casa da Mocidade
(banda deseñada e ilustración ou pintura)
ABRIL
Presentación de videoclips producidos por Sonda Norte
MAIO
Presentación de Caderno poético e fotográfico feito por mulleres en
colaboración co Cim e editado por Sonda Norte
XUÑO
Espectáculo danza e música
XULLO
Concerto + Presentación do EP editado por Sonda Norte
AGOSTO
Expo rock ribandense
Xornada audiovisual ribadense
SETEMBRO
Caderno poético + ilustrador/fotógrafo
OUTUBRO
Encontro Social Sonda Norte das Artes e das Ideas. Colectivos culturais e
sociais de mozos de Ribadeo e da Mariña
NOVEMBRO
Concerto presentación do disco rock ribadense
DECEMBRO
Mariñarte

Exit mobile version