Site icon Crónica3.com A Mariña

Tempos de trapalladas

TEMPOS DE TRAPALLADAS

Un amigo díxome non hai moito que viviamos tempos estraños. Dinlle a razón de maneira inmediata, pero máis tarde, cando repensei a idea, modifiquei a miña postura: os tempos sempre foron estraños.

Foronno para os neandertales cando inventaron as primeiras ferramentas, foronno para os revolucionarios franceses, para os habitantes da España medieval, para os aboríxenes que viron chegar aos casteláns …

Din os historiadores que mirar atrás axuda a comprender o presente. Crémonos que somos os inventores da pólvora, pero non é así. A pólvora está inventada fai moito tempo.

Agora estamos, con razón, afundidos na crise. Pero tampouco somos os primeiros nisto. Crise, a que viviu España na posguerra ou a de EEUU tras o crack, ou a crise crónica dalgúns países de África ou Asia, ou a dalgúns fogares de aquí preto.

Creemonos invulnerables, inmunes, pensamos que as dificultades económicas eran asuntos do pasado ou doutros países. E non.

A situación non ten pinta de mellorar, o paro segue desbocado e non sei se será verdade que Rajoy sabe o que hai que facer, como dixo hai algúns días con ese ton tan seu de profesor da vella escola.

Asfíxianos a crise e indígnanos a corrupción máis que nunca. Antes, cando tiñamos diñeiro e traballo, mirabamos de esguello aos corruptos, parecíanos mal, moi mal, pero non como agora.

Nestes momentos, cando a situación está que arde e pódese por peor, saber que personaxes ou cargos públicos abusaron dos seus privilexios ponnos no dispararadero, máis, se, encima, un xurado popular os declara non culpables, como é o caso Costa e Camps.

Convén advertir aos que piden man dura ou din que isto con Franco non pasaba que a corrupción existiu sempre. Que hai corrupcións enormes e outras máis pequenas pero máis constantes, que algúns teñen incorporadas á súa vida diaria e que nos viñeron parecendo ben e ata graciosas.

Refírome ás pequenas sisas de tempo, obxectos ou diñeiro perfectamente legais, pero non moi morais. Falo deses privilexios dalgúns convenios en centros públicos de traballo como máis días libres que o común dos traballadores porque si, porque o cargo público que manda é unha ave de paso que non quere molestar moito, non se lle vaia a complicar a reelección, e a nós, os currantes, vennos de perlas, e, ademais, vannos a pagar igual. E outros asuntillos do mesma pelame.

Otero Regal

Exit mobile version