TERAPIA DE AFORRO
Pero non pensen que se trata dunha rectificación de acordos de hai moito tempo. Nen moito menos: a discusión sobre as contas municipais tivo lugar no pleno de aprobación dos orzamentos, ou sexa vai para catro meses e medio. E nel, toda a oposición votou en contra, baseándose en dous grandes grupos de argumentos: a suba de taxas e impostos e os excesos en gastos correntes perfectamente prescindibles. Non temos dúbida de que efectivamente levará a cabo unha rectificación á baixa das subvencións, pero outra cousa é o aforro no propio gasto municipal. Na última sesión plenaria do 16 de xaneiro, toda a oposición tivo ocasión de repasar os decretos da alcaldía e de asombrarse do nivel de gasto en verdadeiras “chuminadas”: actividades de ínfima importancia, custosos asesoramentos para praticamente nada, etc.
Sabemos, e a iso se referiu en varias ocasións o noso portavoz municipal, que o alcalde necesita facer caixa, porque as aportacións externas están á baixa, pola crise por unha parte e pola falta de xestión por outra, que é un dos aspectos importantes que os veciños esperan de quen os goberna. Pero seguen mantendo un cadro de persoal fora de toda medida para un concello pequeno, como o noso, recargado de contratos perfectamente prescindibles. Por suposto que as críticas a facer á política de persoal non se limitan a estes aspectos., e non hai mais que lembrar os pleitos na materia que leva perdidos o Concello, algún por perseverar en determinados sectarismos e, case todos, de elevada contía.
Jorge Díaz Freije
* Secretario de Política Municipal da Executiva do PSdeG