Site icon Crónica3.com A Mariña

Todo estivo ben con Julius?


Todo estivo ben?

Moito se ten falado e escrito sobre Julius cando andaba perdido e desprotexido polas rúas da noso pobo e por outras vilas e cidades do país.
Moitas páxinas se teñen enchido facendo especulacións e emitindo xuízos de valor sobre unha persoa que non podía defenderse.
Pouco fixemos para prestarlle a axuda que necesitaba. Agora unha vez falecido seguen aparecendo relatos e relatos faltos dunha ética esixible. Saen tantas cousas que poden dar a aparencia de que había unha san preocupación por el . Pero debemos preguntarnos se realmente estivo rodeado de amor e comprensión.
Como pode ser que estando baixo protección xudicial se filtren aos medios de comunicación informacións da esfera privada desta persoa?
Indefenso cando estaba vivo e máis indefenso unha vez falecido. Busquei moito para encontrar unha resposta adecuada a tantos anos de desidia e desamparo pero é moi difícil atopala porque só desde o corazón de cada persoa pode haber resposta a tanto sufrimento.
Hai moitos máis Julius nas nosas vilas e cidades e non hai en ningún lugar da nosa comarca onde poidan ter amparo. Non deberiamos todos, cidadáns e institucións, pensar que podemos facer para axudar ás persoas que temos ao noso redor? Dos Julius só deberiamos falar dende a vertente cordial e
compasiva porque a ética do discurso queda curta.

Esther G.R.

Exit mobile version