Site icon Crónica3.com A Mariña

Traballadoras do Consorcio da Xunta concentraronse en Burela en defensa dos servizos públicos

Nota de prensa

AS TRABALLADORAS DO CONSORCIO MANIFESTANSE EN BURELA CONVOCADAS POLA CIG EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS E DA CALIDADE DO ENSINO INFANTIL

Burela a 17 de febrero de 2012.- Hoxe o persoal do Consorcio da Xunta de Galiza concentrouse diante da escola infantil de Burela en defensa dos postos de traballo, pola mellora das súas condicións laborais e en contra da privatización do Consorcio. Esta concentración está dentro dunha serie de mobilizacións que a CIG está levando a cabo en toda Galiza durante este mes para salvagardar o carácter público do Consorcio (centros de día, escolas infantís, oficinas de igualdade e benestar, centros quérote…) así como para defender ás súas traballadoras.

A CIG, diante da situación actual de negativa a negociar un convenio para todas/os traballadoras e traballadores, a falta de garantías do mantemento dos postos de traballo e o inicio das privatizacións dos centros de nova apertura , esixe que:

1. Que se inicie un proceso negociador para aplicar a todo o persoal do Consorcio o Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia como primeira medida.

2. Que todos os centros de nova apertura sexan de xestión pública e por tanto dependan directamente da Administración, incluídos os centros para os que xa se convocou a licitación da xestión privada.

3. Que se manteña o carácter público de todos os centros da rede así como o mantemento de todos os postos de traballo existentes a día de hoxe e se garanta a estabilidade de todas as traballadoras e traballadores.

A CIG tamén iniciou unha campaña de recollida de sinaturas e ten programado unha concentración o día 22 diante do Consorcio e unha manifestación o día 25 en Santiago.

Exit mobile version