Site icon Crónica3.com A Mariña

Un concerto do cantautor Javier Krahe abre o ciclo de Músicas Posibeis no auditorio de Ribadeo

Nota de prensa

18 DE FEBREIRO DA COMEZO EN RIBADEO O CICLO MÚSICA POSIBEIS CO CONCERTO QUE OFRECERÁ JAVIER KRAHE NO AUDITORRIO MUNICIPAL. CATRO SON ESPECTÁCULOS QUE CHEGARÁN Á VILA ATA O VINDEIRO MES DE ABRIL. UNHA TREINTENA DE RESTAURANTES E HOTEIS OFRECERÁN INTERESANTES DESCONTOS AOS ASISTENTES A ESTA CITA.

Ribadeo, 6 de febreiro de 2012. O vindeiro 18 de febreiro da comezo en Ribadeo o ciclo Músicas Posibeis co concerto que ofrecerá no auditorio municipal o cantautor Javier Krahe. O evento presentábase este mediodía no salón de plenos do Concello.

Andrea Motis e Joan Chamorro Group; Maddi Oihenart; e Celia Mur e Nono García, forman un cartel que a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, tildou de excepcional. A edil nacionalista referíuse á dificultade dos Concellos para organizar este tipo de eventos “debido aos custes elevados que esto supón xa que un grupo de música, a parte do seu caché, ten unhas condicións técnicas e uns medios que nós non éramos capaces de asumir desde o punto de vista do presuposto de Cultura. Houbo que agudizar o inxenio e contar con xente que colabore e que teña esas iniciativas e nese caso está aquí Rafael Monteavaro, porque foi él quen puxo en marcha este proxecto xa no verán e que quixo da nosa man continuar a facelo ao longo destes meses”.

A edil de Cultura indicou que “a cultura ten que ser un motor económico para a nosa vila, porque das traballo a moitas persoas que viven diso, sobre todo nun momento coma o actual e entedemos que todas as actividades culturais que se fan no noso concello teñen que servir para dinamizar a nosa vila, para que se beneficien os que disfrutan do espectáculo, teñen que servir de atractivo para que xente doutros lugares veña a Ribadeo, consuma en Ribadeo, coñeza a nosa vila e que sirva como punto de referencia, como atractivo cultural e turístico”.

As entradas para asistir á cada concerto custarán 10 euros, aínda que tamén se poñen á venda bonos para acudir aos catro espectáculos por 35 euros. Entradas e bonos poden adquirirse xa en Alandrina Tours en Ribadeo. O primeiro concerto do ciclo Música Posibeis é o de Javier Krahe, que será o 18 de febreiro; Andrea Motis e Joan Chamorro Group actuarán en Ribadeo o 10 de marzo; Maddi Oihenart estará en Ribadeo o 24 de marzo e Celia Mur e Nono García actuarán o 14 de abril. Todos os concertos serán no auditorio municipal Hernán Naval a partires das 21 horas.

Unha treintena restaurantes e hoteis, socios de ACISA, ofrecerán descontos do 10% en ceas e aloxamentos para os días dos concertos. Desta iniciativa beneficiaránse aquelas persoas que presenten as entradas para asistir a algún destes espectáculos. A xerente de ACISA, Beatriz Irigoyen, sinalou que “desde a asociación quixemos contar con certos restaurantes e hosteleiros colaboradores. Éstes, unha treintena, farán descontos a todos aqueles que presenten as entradas dos concertos. Haberá xente que queira pasar unha fin de semana diferente en Ribadeo, veñen ao concerto, cean, durmen e despois aproveitan para visitar a vila, As Catedrais, etc… parecéunos unha idea interesante e así a fixemos”. Irigoyen subliñou que será moita a xente que acuda a Ribadeo a estes concertos chegada desde moitos puntos de Asturias, Cantabria ou Galicia.

Neste aspecto tamén insistía o promotor musical Rafael Monteavaro, que dixo que “xa son moitas as persoas que se están a interesar por este ciclo”. E aludiu ao concertos, de Javier Krahe dixo que “é un mito vivinte da movida madrileña, naceu con Joaquín Sabina e Alberto Pérez na Mandrágora e que ven actuando por multitude de escenarios. Será a primeira vez que estea en Ribadeo e supoñemos que traerá a moita xente. Entende a música sen ataduras e vai semrpe contracorrente”. O segundo concerto será o que ofrecerán Andrea Motis e Joan Chamorro Group, “Andrea Motis é revelación do jazz dos últimos anos, é unha rapaza de 17 anos e que seguramente en breve sería imposible poder traela, porque a escalada que vai ter é increíble. Ven de encher un teatro de 1.400 persoas en Barcelona con entradas que custaron o triple do que se poñen á venda ás de Ribadeo”. Despois chegarán Maddi Oihenart e Celia Mur e Nono García.

Exit mobile version