Nota de prensa
Presentamos os seguintes ROGOS:
1.- UNIFOZ , recollendo as suxerencias e queixas do veciños, queremos expresar publicamente o abandono no que se encontra a rúa Xoán Montes (a única rúa peonil).
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Como se pode ver nas imaxes, en esa rúa, ninguén fai caso as sinais que na mesma están instaladas, pola noite apenas dispón de alumeado, os árbores están sen podar ,e o que é máis grave, nun punto concreto da mesma, falta unha punto de iluminación e están os cables eléctricos sen ningunha protección algo que consideramos de extrema gravidade.
Por todo o exposto ROGAMOSLLE, tome as medidas oportunas para dar urxente solución a estes problemas plantexados na rúa Xoán Montes, así como a elaboración de propostas para dinamizar está rúa como lugar de encontro.
2.-Que segundo información dos veciños,pódense ver moitos casos onde algúns veciños empregan a praia da Rapadoira para sacar de paseo a súa mascota (cans), e isto está a provocar un notable aumento de sucidade do areal que non é bañado polo mar, polo que isto supón un deterioro importante para a praia.
Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas para corrixir esta situación.