Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns trinta bares e restaurantes participarán na segunda “Festa da cociña afrodisíaca” en Foz

Nota de prensa

UNHA TREINTENA DE BARES E RESTAURANTES PARTICIPARÁN OS DÍAS 10 E 11 DE FEBREIRO NA SEGUNDA FESTA DA COCIÑA AFRODISÍACA QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE FOZ.

Foz, 3 de febreiro de 2012. Foz acollerá os días 10 e 11 de febreiro a segunda festa da cociña afrodisíaca, unha proposta para celebrar por adiantado San Valentín. Unha treintena de bares e restaurantes ofrecerán sorprendentes racións de mariscos e outros produtos afrodisíacos. E ademáis haberá descontos especiais nos hoteis da vila.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autonómos, José Carlos Paleo, sinala que “quixemos adiantarnos un pouco a San Valentín, que cae en martes, e organizamos por segunda vez a festa da cociña afrodisíaca. A cita do ano pasado, debido a súa orixinalidade, tivo éxito e neste 2012 agardamos repetir. A vida e o amor hainos que levar con bó humor e con imaxinación”.

Arredor de 30 bares e restaurantes ofrecerán racións de mariscos e outros produtos afrodisíacos, “queremos sorprender aos focenses e a todos os que se acheguen a pasar esta fin de semana a Foz. Ademáis da proposta gastronómica os hoteis ofrecerán descontos especiais á súa clientela. Os interesados deben informarse nos propios establecementos”, engadiu Paleo.

José Carlos Paleo convida “a focenses e visitantes a non perder a segunda festa da cociña afrodisíaca, antesala de San Valentín”.

Exit mobile version