Site icon Crónica3.com A Mariña

“Impresións na Mariña”, de M. Manxela, no Cenima de Foz

Abriu no Cenima de Foz a exposición “Impresións na Mariña”, de M. Manxela, unha mostra de vintesete acuarelas que reflexan as sensacións que a paisaxe desperta na artista, nun encontro cómplice coa natureza. A inauguración contou coa presenza de Pedro Fernández Manín, concelleiro responsable das áreas de medio rural, agricultura e pesca do concello de Foz, e cunha numerosa asistencia de público. Lembramos que a exposición permanecerá nas instalacións do Cenima ata o vindeiro 14 de abril.

Exit mobile version