37 bares, mesóns e restaurantes participan na Festa do Mexillón en Foz
redac
Nota de prensa
Festa do mexillón
Todo está listo na hostalería de Foz para a festa do mexillón que se celebrará os días 16 e 17 de marzo. Un total de 37 bares, mesóns e restaurantes ofrecerán tapas e racións deste molusco preparado ao vapor, en vinagreta, en escabeche, en empanada… José Carlos Paleo, presidente de ACIA Foz, indica que “o que queremos facer unha vez máis con esta nova cita gastronómica é animar a fin de semana previa a San Xosé e ao día do pai para que a xente disfrute da primeira ruta dos viños acompañados de exquisitas tapas e racións. Convidamos a todo o mundo a achegarse a Foz os días 16 e 17 de marzo a degustar os mexillóns que atoparán nos locais participantes”.